Un temporal en Vilan con olas xigantes

Temporal en Faro de Cabo Vilán Temporal de mar e vento en Reira e Vilán Todos os periódicos e televisións falan da boia de Cabo Vilán e nos non podíamos ser menos, sobre todo tendo uns videos de semejantes tombos que viñan do norte rompendo fuertemente contra a pedra da Furna dos Infernos. Ademáis nun destes videos (no primeiro video) podes ver o helicóptero de salvamento marítimo pasar polo medio do temporal case sen inmutarse. Atención ao video número dous no que se pode ver unha serie de tres tombos consecutivos arrepiantes que sobrepasan a pedra da Furna dos Infernos como si fora unha pequena laxiña. Pulsa na foto principal para ver os videos do temporal no Vilan.   ...

Cafe Bar Arnela: O templo de camarinas.eu

Relato dunha humilde festa familiar este venres no Bar Arnela Regalo que coa colaboración de Albito Diéguez Jr. lle fixo a redacción de camarinas.eu a Gelinita Na noite deste venres pasado camarinas.eu estaba invitada a unha cea celebrada en Pasarela para reunir a todos os xornalistas da Costa da Morte (e máis alá), pero esta redacción non é amiga de intrigas onde se fixan cuotas de poder, áreas de influencia, todo elo a espaldas do pobo humilde. Por eso preferimos estar ca familia do Bar Arnela, ca xente traballadora de Camariñas nesta festa sinxela, onde os albañiles chegaban aínda co cemento fresco nas botas e olor a sudor nas camisetas descoloridas, e que ao son do acordeón virtuoso de Adriana, a nosa beauty máis musical, cantaron para olvidar as súas penas. Pulsa na foto para ler a noticia completa e ver uns vídeos de Adriana co acordeón. ...

Luto no concello pola traxedia en camelle

As bandeiras do Concello a media asta  A Casa do Concello coas súas bandeiras a media asta pola traxedia de Camelle Todo o Concello de Camariñas está de luto. E como proba delo, dende hoxe á maña as bandeiras que ondean firmes na Casa do Concello foron arriadas a media asta en señal de dor polos dous mariñeiros falecidos no tráxico accidente que sesgou a vida destes valentes camelláns onte á tarde. Ademáis, os partidos políticos camariñáns suspenderon as súas primeiras pegadas de carteis debido a esta traxedia. Este sábado 23 de febreiro oficiaranse os enterros de Fernando Porteiro e Manuel Mouzo. Os actos funerarios celebraranse na igrexa parroquial de Camelle ás 4 da tarde aos que se espera gran afluencia de xente. Nos esperamos estar alí para, dentro do posible, apagar un pouco a infinita tristeza dos familiares e amigos de Fernando e Manuel. ...

Novo accidente de tráfico en Camariñas

Accidente de tráfico no muelle novo A inexperiencia posible causa do accidente do Seat Ibiza na tarde noite deste xoves Sobrecollidos como estábamos pola terrible traxedia que tinguío de luto a Vila de Camelle na tarde deste xoves, hai breves instantes, sobre as oito e media da tarde-noite, un aparatoso accidente de tráfico alertou aos veciños de Camariñas:  contra o muro do espigón do Muelle Novo acababa de empotrarse un Seat Ibiza bermello pilotado por un xoven camariñán de 18 anos co carnet de conducir recén sacado. Pulsa na foto para ver a noticia completa e un vÍdeo do lugar do accidente. ...

Festa do Carmen de Camariñas do 1987

En camarinas.eu queremos compartir con todos os usuarios da nosa web, a máis importante sen dúbidas de toda a Costa da Morte, o arsenal fotográfico e audiovisual que ao cabo dos anos fomos archivando nas nosas catacumbas mediáticas. Nesta primeira toma de contacto queremos amosarvos un entrante que será do gusto de moitos dos usuarios de camarinas.eu: o video Festa do Carmen de 1987; que poderás ver íntegramente sólo nesta web. Ademáis se tes na túa casa algún video antigo de Camariñas e queres mostralo e compartilo con todos os usuarios de camarinas.eu non tes máis que poñerte en contacto co administrador da web por medio deste correo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., e encargarémonos de recollercho pasarcho a DVD e subilo a internet. Pulsa na foto para ver o avance desta nova sección de camarinas.eu na cal publicaremos os videos máis vellos que se recordan en Camariñas. ...