Cea recaudacion de fondos para a Festa do Carmen

Unha cea para recaudar fondos para o Carmen A cea será o día 17 de maio A debutante comisión que organiza as vindeiras festas en honor á nosa Virxen do Carmen está a ultimar os preparativos para a organización dunha cena benéfica co obxectivo de recadar fondos. A dita cea está prevista para o sábado 17 de maio e celebrarase no Pavillón Municipal de Camariñas onde a entrada por plato será de 20 euros por barba. Desde camarinas.eu animamos aos nosos case 800 usuarios rexistrados (á meirande comunidade humana do Concello e probablemente de toda a Costa da Morte) e aos máis de 1.200 visitantes diarios que recibe a web máis visitada da historia da Costa da Morte a colaborar neste acto e encher o pavillón de Camariñas ata os topes. A comisión sempre terá o apoio desta redacción e, aínda que sexa saltándose unha norma fundamental e básica para camarinas.eu, publicaremos todo o que sexa posible para axudar a esta xoven comisión de rapaces camariñáns en todo o que lle faga falta. Pois eso, a nosa mensaxe para a extensa comunidade de camarinas.eu é esta: !QUEREMOS QUE VAIAS A CENA DO CARMEN XA! ...
Imaxe de arquivo da Festa do Carmen de Camariñas correspondente ao ano 1987

Video completo da Festa do Carmen de Camariñas do ano 1987

O prometido é deuda e despois de subir o vídeo íntegro de 59 minutos de duración aos servidores de Google Video xa podemos presentarvos en exclusiva e máis rápido que nadie o vídeo completo da Festa do Carmen do ano 1987. Un ano no que o sol reinou en toda a nosa festa e a Procesión Marítima estivo concurridísima con todos os barcos postos de gala para honrar á Virxen do Carmen, no que era posiblemente un dos últimos anos da Gran Flota camariñana dos anos 80. ...
Montaxe representativo da festa da Virxen do Monte

A festa da Virxen do Monte 2016 xa colle forma

Despois de varios meses sen saberse se alguén daría o paso para facerse cargo da organización das festas da Vila de Camariñas, xa chegou a boa nova e podemos ver pateando as calles do noso pobo para pedir para as festas aos novos voluntarios que se animaron para coller as riendas deste duro e pouco valorado traballo. Entre eles podemos atopar a varios Primeiros Espadas do Camariñeo: JM Canosa Campaña máis coñecido polo seu 2º apelido "Campaña", JM Barcia Tedín (Jose "O Argentino"), Luis Rodríguez Luaces (Luís de Quecha), Juan, Rosa Mouzo "Rosita", JM Tedín "O Neno", etc.. ...

Vandalismo sin fin en Camariñas

Imaxe do lamentable estado no que quedou o espacio anteriormente ocupado polo contenedor Un pirómano anda suelto pola vila Realmente xa non sabemos cantas veces van... ¿cinco? ¿seis? tampouco sabemos cando será a seguinte vez, porque haberá seguinte vez, eso que ninguén o dubide. O caso é que o/s pirómano/s que anda solto pola vila vai volver a facer outra jauchada, e tendo en conta que sinte especial predilección polo par de contenedores que están en frente do Bar José Manuel, pois outra vez seguramente irá todo polo aire. En definitiva, tal e como podedes apreciar nas imaxes na madrugada deste sábado os vándalos volveron queimar os contenedores que están enfrente do José Manuel, deixando unha imaxe en verdade lamentable. O certo é que publicar outra vez unha noticia deste tipo da bastante pereza: aburre xa. A ver si o noso rebelde sin causa se aburre tamén de facer o vándalo.   ...

Novo accidente no mar

Desembarco de urxencia no muelle de Camariñas E de agradecer a rapidez e profesionalidade ca que actúan os membros de Salvamento Marítimo Hoxe sobre as 12 da mañán os camariñáns que estaban a pasear polo muelle vello poideron observar como o buque de Salvamento Marítimo "Altair", con base no porto de Camariñas, desembarcaba a un mariñeiro do arrastrero "Novo Saudade" o cal se dirixía ao porto de Vigo cando tráxicamente un dos seus mariñeiros se lesionaba de certa gravidade na mandíbula. Postos en contacto con José, o patrón de Altair, este aclarounos que recibida a chamada do Novo Saudade, dirixíronse inmediatamente ao seu encontro, tendo lugar o trasvase do mariñeiro ferido ao buque de Salvamento Marítimo nas aforas do Vilán, para despois dirixirse a marchas forzadas cara ao noso porto onde xa o estaba esperando unha ambulancia do 061 para levalo urxentemente ao complexo hospitalario "Juan Canalejo" na Coruña. En fin, o mar sempre impredecible e cheo de perigos, cóbrase outra nova víctima, se ben en este caso esperemos que todo acabe nunha lesión de certa gravidade que non pase a maiores. Pulsa na foto principal para ver outra imaxe deste lamentable suceso. ...