Iniciativas Camarinas.eu : Festa do Carmen 2008

Fagamos entre todos a mellor festa do mundo Despois de que o noso querido usuario Machote anunciara hai uns días no Libro de visitas (un libro que supera xa as 10.000 mensaxes) que él mesmo se encargaría de recolectar os donativos para a Festa do Carmen en Suiza, quedamos a pensar na redacción un momento e fixémonos a seguinte pregunta: ¿Como podería camarinas.eu axudar a esta nova comisión de festas a engrandecer a nosa Festa do Carmen? Pulsa na foto para saber como e ver o novo vídeo tutorial realizado polo Soco explicando os pasos necesarios para elo. ...

Cabodano de Tista de Genucha: un amigo e un bo camarinan

Un ano sen Tista Juan Bautista Pasantes Alborés, Tista, unha vida de entrega e dedicación absoluta ós demáis Nas nosas vidas sole pasar alguén que che marca para sempre. Alguén que che marca como persona e che fai ser mellor. Por eso cando te acordas del non podes evitar a tristeza e pensar que este mundo é inxusto. Tista era unha desas personas. Un home que me marcou desde que o coñecín e que nunca me poderei olvidar del. Estanme pasando tantas cousas pola cabeza ao escribir esta noticia que non podo conter as bagoas e por eso non von dicir nada máis. Tista, alá donde estés... sempre che poño de menos. ...

Morte dun marineiro de Camarinas: O Furrineiro

Déixanos un mariñeiro dos vellos tempos A lancha do seu fillo engalanada coa bandeira nacional recorda ao seu pai difunto Na tarde de onte, cousas da idade, faleceu un vello mariñeiro en Camariñas: Manolo O Furriñeiro. Tal vez non fixera grandes xestas nin fora portada de periódicos e telediarios, pero era un home que levaba a alma de Camariñas dentro do seu desgastado corpo: era un mariñeiro de Camariñas. O Director de camarinas.eu aínda recorda as tardes de baraxa naquelas invernadas de finais dos noventa no desaparecido Bar Maytuca rexentado pola súa nai durante tantos anos. Alí o Furriñeiro era un fiel cliente, e xunto con Pedro de Corona, tamén lamentablemente falecido, xogábamos aquelas partidas de subastado e chinchón entre xuramentos, servesas e vasos de viño. Pero antes destas partidas o Furriñeiro pescaba polas mañáns dentro da súa querida ría de Camariñas nunha pequena gameliña que él tiña, para pola tarde, despois da siesta, ir él e a súa muller sementar as patacas ou cortar o millo. Unha vez rematada a faena, como non, viña ao noso bar a tomar uns chiquitos e a falar historias mariñeiras que eran atendidas por todos os presentes. Hoxe pola mañán paseando polo paseo marítimo...
Imaxe da orquesta que actuaba no San Xurxo 2015 de Camariñas

Video historico de San Xurxo 1995 en Camariñas

Esta redacción nun esforzo sen precedentes estivo ata as 5 da madrugada pasando o vídeo da Festa de San Xurxo de 1995 a DIVX nunha dura loita contra ordenadores que non funcionaban e contando coa axuda inestimable de O SOCO que dende a lonxana Suiza arrimou o hombro para facer a milagre posible. E todo para que hoxe 23 de abril, día do Noso Patrón, poder honrar a San Xurxo como se merece cun vídeo impresionante de unha hora e media de duración que fará que vos vexades con 13 anos (e seguramente tamén uns cuantos kilos) menos. Agora a desfrutar. ...

Roubo no Instituto Social da Mariña de Camarinas

Os ladróns asaltan o centro "Ramón Noguera Oreiro" Fachada do edificio Ramón Noguera onde se produciron os feitos Na madrugada deste luns ao martes prodúxese un roubo con forza no local que o Instituto Social da Mariña ten na rúa do Río do Prado en Camariñas. O local, que sirve aos mariñeiros camariñáns para realizar cursos de aprendizaxe e perfeccionamento (curso de patrón, mecánico, etc..) foi asaltado polos ladróns esta madrugada tras entrar por unha ventana que eles mesmos forzaron, levándose un botín de dous soldadores e un cargador de batería. Ferramentas que os nosos mariñeiros utilizaban nas súas prácticas e que esperamos que sexan recuperadas ou substituidas canto antes para así continuar cos cursos. Por outra parte tamén agardamos que as forzas do orden den pronto cos responsables deste roubo. Hai que recordar que os terrenos onde se atopa este edificio así como a nosa clínica e o Centro de Iniciativas Empresariais foron donados pola familia Noguera para o beneficio de todo o pobo de Camariñas. ...