Festa da Sardiña en Camariñas

Actividades para o verán da Asociación de Empresarios Cartel da Festa da Sardiña A asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas comeza mañá sábado a súa particular andadura de actividades que teñen previsto organizar para este verán. Estas comezarán coa "Festa da Sardiña" que se realizará este sábado 5 de Xullo a partir das 6 e media da tarde. Os asistentes a dita festa poderán degustar as sardiñas en 5 formas distintas de preparación: en empanada, conserva, rebozadas, asadas e tamén con cachelos. A esta festa gastronómica hay sumarlle outra prevista para o 16 de agosto adicada ao Berberecho. Esperemos que o tempo axude a esta nova directiva e poidan desenvolver estas actividades con todo éxito. Nos estaremos alí para facer unha reportaxe e, de paso, probar as nosas sardiñas en todas as preparacións. Despois daremos o veredicto de cal foi a preparación que máis nos gustou. Desde camarinas.eu animamos a todos os nosos usuarios e lectores a que acudan a esta orixinal "Primeira Festa da Sardiña". Pulsa na foto para ver o resto de actividades que a Asociación de Empresarios ten previsto organizar para este Verán 2008. ...

San Juan 2008 en Camariñas, o mellor de toda a Costa da Morte

Agora que todo asociacionismo parece ser do mesmo signo e os cambiachaquetas e pelotilleros (sin comillas) están a tope de traballo, camarinas.eu sigue coa súa labor informativa independente e vai a resumir brevemente o acontecido onte no San Juan máis multitudinario da Costa da Morte: o de Camariñas. A verdade é que non se pode pedir máis para unha festa que leva celebrándose na nosa vila desde tempos inmemoriais e que últimamente estaba algo de capa caída. Onte puidéronse ver dúas lumareas xigantescas e todos os bares estaban repletos de xente alapada por devorar as boas sardiñas que se pescaron este sábado en Camariñas. ...

Preparativos de San Juan en Camarinas

!!A lumarea de Corea xa está aquí!! María e Lucía: dúas cremosuras para amenizar os duros traballos de recollida de leña Despois dunhas semanas sen saber si a famosa, mítica e auténtica lumarea do barrio de Corea se iba a facer pudemos ver hoxe como un grupo de valentes Coreanos estivo xuntando leña e gesto para acumular combustible suficiente e levar a cabo a Lumarea de Corea. Unha destas valentes foi a nosa Beauty María Belén que, xunto coa súa irmán, a nosa impactante redactora Lucía, axudaron en todo o que boamente poideron para carrexar semejante cantidade de basura. O día de San Xoán en Camariñas volve a recuperar o esplendor perdido e con esta lumarea e o gran espectáculo que están preparando os nosos amigos da Asociación Lumarea da Vila parece que este luns vai a haber festa rachada por Camariñas adiante. Pulsa na foto para ver unhas fotos ben cremosas da Lumarea de Corea. ...

Folga no mar: Piquetes das Rias Baixas en Camarinas

Moito movimiento onte en Camariñas Aínda que a imaxe non é moi nítida, proba o concurrido que estivo esta noite o muelle Un grupo de armadores e mariñeiros de varios portos galegos déronse cita onte en Camariñas para expoñer persoalmente os motivos do paro que están a levar a cabo aos armadores e mariñeiros de Camariñas. Notábase algo de tensión no ambiente ante a chegada dos barcos camariñáns pero afortunadamente non pasou nada. A xente que se apelotonaba no muelle de Camariñas puido escoitar as razóns de algún armador de Burela ante a mirada atenta de dúas patrullas da Garda Civil. Incluso o alcalde camariñán se desprazou ata alí para estar presente na manifestación destes armadores. Pulsa na foto para ver uns videos e unhas imaxes. ...

Golpe definitivo e mortal a iniciativa de Camarinas.eu

¡¡Alá van os 200 dólares norteamericanos!! O Imperailismo Mundial rouboulle de forma traidora 200 euros ao pobo humilde de Camariñas Era visto. Como era de esperar e xa que ultimamente non don pé con bola e todo sale ao revés esta iniciativa non podía ser menos. Google acaba de mandarme un correo electrónico no que nos anuncia que suprime indefinidamente a conta de camarinas.eu ca que pretendíamos axudar a financiar a nosa querida Festa do Carmen. Pois nada, alá van os 200 dólares ben cremosos cos que pretendíamos agasallar a nosa comisión de festas. Alá van polo mar abaixo, en popa.  É bastante probable que esta anulación da conta de Google AdSense fose debida á denuncia de alguén ao que non lle gustou demasiado esta iniciativa e filtrara a nosa noticia a Google España. Pois nada, conseguistedes que nos cerraran a conta e que a nova comisión perdera o agasallo dos usuarios de camarinas.eu. Un botín de máis de 500 dolares que se perden polo retrete abaixo. Os culpables que se acorden de tirar pola sisterna. ...