Camarinas, guarida do Lobo

¡O lobo xa está aquí! Albito estaba hoxe visiblemente afectado pola morte dos seus dous animales que levaban con él 8 anos Esta mañán de luns 29 de setembro unha parexa de lobos atacou ao ganado que o coñecido empresario Alvito Diéguez ten na súa finca. Esta está situada a dous kilómetros do núcleo urbano de Camariñas (xusto detrás do Cementerio Novo).  Alvito contounos que ao chegar á súa finca hoxe pola mañán notou algo raro cando víu que faltaban dous animales (dúas burras de raza autóctona galega) na mesma. Cando entrou aparecéronselle dous lobos que estaban a devorar plácida e tranquilamente aos seus dous  queridos animales. Un destes lobos era inmenso e pouco caso lle fixo a Alvito cando éste lles empezou a berrar para que marcharan. Ao lugar dos feitos acercouse Protección Civil de Camariñas, os cales fixeron as chamadas precisas para alertar a SEPRONA do caso. ...

Festa da Barca 2008

Camariñas na Festa da Barca 2008 Unha reportaxe fotográfica elaborada polas usuarias de camarinas.eu A intención da redacción de camarinas.eu era a de facer unha reportaxe do que significa a Barca de Muxía para un camariñán. Todos sabedes en maior ou menor medida todo o que representa esta festa para nos: ir á romería polas noites, ir as misas polo día e incluso a comer  en Muxía todo elo indo en barco desde o Porto de Camariñas ata Muxía. No sábado, día grande da Barca, todo estaba preparado para que os barcos camariñáns saíran a cumplir cunha tradición de fai máis de 100 anos. Pero ao parecer non se deixaba aos patróns soltar amarras do porto e todo aquel que o intentaba viña, con sorte, de volta para  atrás desde o medio da ría. Bueno, todos non: sólo algúns privilexiados puideron continuar esta tradición, ¿verdad? Pois si, o rito ancestral dos camariñáns de acudir en barco a unha romería (algo único nesta costa atlántica) foi estirpado de raíz por unha decisión que levou a unha impresionante patrullera da Garda Civil a rastrexar as augas da ría en busca de droga... non, minto! en busca de yates con droga... estooo.. non...

camarinas.eu conection: Contra o Imperio da Droga

Continúa a búsqueda de narcóticos no yate holandés Submarinistas de Aduanas rastrexaban o fondo do iate en busca de droga Pois tralos sucesos surrealistas deste fin de semana, haberá que seguir informando. Tras non atopar  coca disolta nas 12 garrafas que a Policía levou consigo o sábado pola tarde, este luns sobre as catro da tarde continuaban por parte dos membros de Aduanas e da Axencia Tributaria as labores de búsqueda de sustancias estupefacientes nos fondos do iate de nacionalidade holandesa L'Hirondelle mediante ranas especializados. Posteriormente os membros de Aduanas decidiron cambiar a embarcación de sitio atracándoa na esquina do Muelle Novo. Pulsa na imaxe para ver unhas cuantas imaxes do movimento que había hoxe no Muelle Novo, así como do PERRO POLICIA DE CAMARINAS.EU en acción investigadora. ...

Outra exclusiva de camarinas.eu

A humilde web de pobo que lle sacou as cores a toda a prensa autonómica e nacional camarinas.eu sempre a primeira á hora de ter informados aos seus lectores Finalmente na mañá deste luns 22 de setembro toda a prensa autonómica e nacional recolle (con 36 horas de retraso) a noticia que xa daba camarinas.eu en primorosa exclusiva aos seus lectores o sábado 20 de setembro sobre as 21:00, e  decir, que os 12 bidóns que traía a bordo o iate holandés L'Hirondelle contiñan cocaína disolta en gasoil. Así pois unha web humilde, sen medios, destartalada, dun pobo abandonado a súa sorte, Camariñas, adiantouse aos todopoderosos medios de comunicación tanto autonómicos como nacionais na cobertura desta noticia. Cando camarinas.eu (que foi o primer medio de comunicación en publicar a noticia do apresamento do iate e tamén foi o primeiro en dar a exclusiva, pero ademáis dando a noticia como Deus manda, con boas fotos e incluso cun vídeo, non destartaladamente) confirmou de fontes da máxima solvencia e credibilidade que efectivamente o iate holandés portaba cocaína disolta nos 12 bidóns que se levou a Policía non o dubidou un instante e publicou esta noticia para que os seus lectores  e usuarios...
O iate detido de cor blanca está atracado no costado da lancha de Aduanas

Porto de Camarinas: Un iate sospeitoso de transportar droga apresado en alta mar

Esta mañá ao redor da unha da tarde os camariñáns que paseaban polo muelle novo de Camariñas asistiron asombrados a un movimiento fóra do normal, xa que o novo peirao camariñán estaba cheo de policías nacionais, axentes da Axencia Tributaria e de Aduanas. Nun principio non sabíamos a que se debía a formación de tal dispositivo, pero temíamonos que se tratase dun alixo de droga capturado en alta mar. Tratábase do iate "L'Hirondelle" de bandeira holandesa, tripulado por dúas personas e procedente do sur de España. Os axentes rexistraron o barco e estaban á espera da chegada das autoridades xudiciais competentes para levantar o cargamento que o iate traía consigo. ...