Suceso no Muelle Novo de Camarinas

Atopada unha planeadora cerca do Faro Vilán Imaxe da planeadora remolcada polo Salvamar, con serios desperfectos pola banda de babor Xa dende a mañá deste venres 2 de xaneiro, primeiro do ano, notábase un movemento especial por Camariñas. E é que nas cercanías do Cabo Vilán fora atopada á deriva unha planeadora, que supostamente estaría adicada ao tráfico de drogas. A citada embarcación, de carácter neumático, sen tripulación, sen motores fueraborda e con serios desperfectos pola banda de babor, foi atopada polo barco de salvamento radicada en Camariñas, o Salvamar Altair, e remolcada posteriormente cara o Muelle Novo, chegando preto das catro da tarde á rampa que está entre o Espigón do porto camariñán e o Club Náutico. Alí fíxose cargo da mesma o Servicio Marítimo da Guardia Civil. Pulsa na foto, para ver a noticia que este tan desprestixiado entre parte do seu público redactor elaborou para todos vos. ...

Fin de ano 2009 en Camarinas

Os locais de movida estiveron abarrotados na noite de Ano Novo de 2009 en Camariñas Un de xaneiro do 2009. As 00:00, tralas habituais campanadas pouco a pouco e de forma incesante comenza un regueiro de xente nova e non tan nova a saír das súas casas cara os distintos locais de movida de Camariñas, os cales cara as 2:00 presentan xa cheos absolutos que dificultan sobremaneira a apertura dun paso de urxencia co que chegar ata un baño no que poder desafogar unha micción incontenible. A redacción de camarinas.eu ao completo non podía deixar pasar a ocasión de recoller para a posteridade un colección de máis de 140 fotografías de calidade que plasman perfectamente unha noite de Festa Total. ...

Juan Carril Ramos DEP

Falece tráxicamente na Coruña Juan do Nacho Imaxe do barco onde Juan prestaba os seus servicios e donde sempre será recordado con cariño A vida ten estas cousas: un día de festa tes todo preparado para estar ca familia e pasar uns momentos inolvidables e recibes de repente un golpe brutal que che fai esquencer todo o demáis. Esto é seguramente o que lle está a acontecer a familia de Juan Carril Ramos, máis coñecido en Camariñas como Juan do Nacho, o cal faleceu traxicamente esta noite na cidade da Coruña, sendo atopado o seu corpo sen vida flotando nas augas do muelle de Oza polo patrón da súa embarcación. Juan traballaba actualmente no  "Dexo", o barco de Manolo "O Cochero", tiña cuarenta e un anos, estaba separado e deixa dúas preciosas fillas, Paula e Sara. A redacción ao completo de camarinas.eu súmase nestes momentos terribles á dor de toda a súa familia, e así eu Diego Alonso Freire que ademáis de que a nai de Juan é prima da miña, recordo aquelas épocas en Fuerteventura cando Juan máis eu, dous solitarios emigrantes camariñáns en Canarias, nos xuntábamos no Bar Castillo para armar aquelas grandiosas festas e tamén me lembro...

Festa Anual do Club Balonman Camarinas

Multitudinaria festa do balonmán en Camariñas O Pavillón Municipal de Camariñas quedouse pequeno para acoller aos asistentes a Festa do Balonmán Así como o último sábado do 2007 foi un día pletórico de festividades (cena de camarinas.eu, e festa anual do balonmán), neste fin de exercicio de 2008 volveu a ocorrer o mesmo ca única novidade da substitución obrigada da cena da páxina máis vista da Costa da Morte pola merecidísima homenaxe ao periodista xosé Luís Blanco Campaña. Así, como ven sendo habitual, os nosos amigos da directiva do CB Camariñas celebraron no pavillón municipal unha multitudinaria festa no que a boa música correu a cargo da orquesta Olympus e a orquesta Ciclón, as cales atraeron cara a nosa vila un importante número de seguidores de distintos puntos de Galicia como xa é habitual nos seus concertos. Pulsa na imaxe para ver unha completa galería fotográfica da festa anual do CB Camariñas. ...

Noiteboa en Camarinas 2008

Unha Nochebuena en Camariñas Unha galería de máis de 80 fotos bastante destartaladas amosan como foi a Noiteboa do 2008 Noite do 24 de decembro. Alá lonxe na olvidada Palestina, na cidade de Belén, nacía hai máis de 2.000 anos o ser que ía mediatizar o destino de miles de millóns de vidas humanas. O neno que determinaría que na así denominada Cristiandade, un conxunto de creencias, de simbolismos, unha cultura e un modo de entender a vida en definitiva, tal día como hoxe se celebrase unha gran e enorme festa ao longo do globo terráqueo por máis de 2.000 millóns de almas. Como na tamén milenaria vila de Camariñas, onde todo un concello salía á rúa para festexar a data sagrada tal e como amosan as máis de 80 fotos que captou a cámara festeira de camarinas.eu, fotos nas que poderedes ver ás nosas fermosas redactoras María Belén, Adry ou Lucía. Especialmente a redacción da web máis vista da historia da Costa Atlántica quere dedicar esta noticia a Lucía Carril Ageitos, a dama que tan decisivamente contribuío a facer que Camariñas teña a mellor páxina web da Provincia da Coruña. Va por usted, señora. ...