Venres 32 de xuño: Noite de Solpor na Virxe do Monte de Camariñas

Venres 21 de xuño: Noite de Solpor na Virxe do Monte de Camariñas

Este venres 21 de xuño, terá lugar o solsticio de verán, o día máis largo do ano e que serve para comezar unha nova estación no hemisferio norte. En Camariñas, os veciños e veciñas daranlle un ano máis a benvida ao verán na ‘Noite do Solpor’. ...
A Comisión de Festas do Carme de Camariñas co Cartel 2019

Xa está aquí o impresionante cartel da Festa do Carme de Camariñas 2019

A Asociación Cívica, Cultural, Deportiva e Recreativa “Virxe do Carme de Camariñas”, entidade que organiza as festas patronais do Carme de Camariñas, ven de facer público o programa das festas que se celebrarán entre os días 16 e 20 de xullo. O impresionante cartel foi deseñado, como xa ven sendo habitual nestes derradeiros anos polo fotógrafo de bodas na Costa da Morte Diego Alonso Freire nunha máis das súas colaboracións desinteresadas coa comisión do Carme de Camariñas. O completísimo programa abrangue actividades e música de todo tipo e destinado a tódalas idades, dende sardiñadas e romarías tradicionais ata o máis completo programa de orquestras que hoxe se pode ver en Galicia, pasando polo folk ou pola actuación de un artista internacional. Todo iso completado con actividades para os mais cativos, ou o recoñecemento de quen, coa súa actividade, promociona o nome de Camariñas en positivo polo mundo. ...
O Concello de Camariñas iniciará en breve a reurbanización da Rúa Río do Prado

O Concello de Camariñas iniciará en breve a reurbanización da Rúa Río do Prado

Este martes 11 de xuño a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, mantivo un encontro co director de obra e o contratista que deron o visto bo definitivo para autorizar o comezo inminente das obras de reurbanización da rúa Río do Prado, en Camariñas. O Concello de Camariñas continúa a súa aposta pola seguridade viaria e a mellora dos equipamentos no municipio. Así, na rúa Río do Prado levarase a cabo unha actuación valorada en 206.236,08 euros, financiados a través do Plan Único da Deputación, co obxectivo de reurbanizar un tramo desta vía a través da construción de beirarrúas, a pavimentación e a dotación de saneamento e recollida de pluviais. ...
Cartel da Cena do Carme 2019 de Camariñas

Cartel da Cena do Carme 2019 de Camariñas

O xermen desta toda vorágine de cenas das comisións de festas tivo o seu xermen, como non podía ser doutra maneira, hai máis de 10 anos en Camariñas. Daquela, a comisión de festas do Carme comandada polo noso amigo JM Canosa Campaña organizaba a primeira edición da Cena do Carmen de Camariñas, un evento que se convertiría nunha tradición e que animaría a maioría de comisións de festas dos arredores a copiar os seus pasos. Agora esta comisión do Carme, convertida xa na Asociación Cívica, Cultural, Deportiva e Recreativa “Virxe do Carme de Camariñas” está a desenrolar un impresionante traballo para tratar de traer a nosa vila unha das edicións máis impresionantes que se lembren da nosa Festa do Carme. Unha das derradeiras iniciativas deste xenuino grupo humano que conforma a comisión do Carme 2019 é a continuación da tradición coa elebración da cena do Carmen 2019. Unha actividade co propósito principal de recadar fondos para financiar a nosa festa pero que tamén sirve como prolegómeno e pistoletazo da conta atrás para o día grande de Camariñas. Para elo a comisión de festas ten planeado organizar unha verdadeira bacanal culinaria que se celebrará na Praza do Mercado de Camariñas o...
Dona Gloria Castiñeira Suárez, veciña de Camariñas, Descanse en Paz

Dona Gloria Castiñeira Suárez, veciña de Camariñas, Descanse en Paz

Na noite deste mércores 15 de maio a redacción desta web coñecía aflixida a repentina morte da querida veciña de Camariñas Dona Gloria Castiñeira Suárez aos seus 79 anos de idade. O corpo sen vida de Dona Gloria do Papón, tal e como era cariñosamente coñecida en toda a vila das Palillieras, está sendo velado no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sairá cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo ás 18:00 horas da tarde deste xoves 16 de maio. Xa no sagrado templo amariñán será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Dona Gloria para, acto seguido, ser realizado o seu sepelio no Cemiterio Municipal de Camariñas onde os restos mortais desta querida veciña terán merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción toda a nosa forza e ánimos a toda a familia e amigos de Dona Gloria Castiñeira Suárez nestes duros momentos que están a pasar. Descanse en Paz. ...