Dona Virtudes Rodríguez Soneira, veciña de Camariñas, Descanse en Paz

Dona Virtudes Rodríguez Soneira, veciña de Camariñas, Descanse en Paz

Segue o incesante goteo de decesos que está a asolar á vila das Palilleiras e nunca mellor dito. Na tarde deste luns 24 de decembro, día de noiteboa de 2018, a redacción desta web recibía aflixida,  da man da alcaldesa Sandra Ínsua, a triste noticiado falecemento dunha das palilleiras máis emblemáticas de todo o Concello de Camariñas. Dona Virtudes Rodríguez Soneira, presidenta da Asociación de Palilleiras Rendas de Camariñas e cariñosamente coñecida en todo o municipio polo sobrenome de "A Porfica", falecía nestas datas tan sinaladas no Hospital Comarcal de Cee aos seus 76 anos de idade. O corpo sen vida de Dona Virtudes está sendo velado no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sairá cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo ás 15:45 da tarde deste triste mércores 26 de decembro. Xa no sagrado templo camariñán será celebrado o funeral de corpo presente pola alma da Porfica para, acto seguido, ser celebrado o seu sepelio onde os restos mortais desta gran muller terán merecido descanso eterno. ...
Don Francisco Valiña Canosa, veciño de Camariñas, Descanse en Paz

Don Francisco Valiña Canosa, veciño de Camariñas, Descanse en Paz

Outra vez volve a golpear a traxedia no entrañable lugar da Millarenga en Buría. Na tarde deste sábado 22 de decembro esta redacción recibía a triste noticia da morte do seu querido veciño Don Francisco Valiña Canosa aos seus 84 anos de idade. O corpo sen vida de Francisco do Braño, tal e como era cariñosamente coñcido en toda Buría, está sendo velado no Tanatorio Municipal de Camariñas Irmáns Fernández Espín, dende onde sairá cara a súa querida Igrexa Parroquial de San Xurxo ás 15:45 da tarde deste domingo 23 de decembro de 2018. Alí, no sagrado templo camariñán, será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Don Francisco para, acto seguido ser realizado o seu sepelio no Cemiterio Veciñal de Camariñas onde os restos deste querido veciño da Millarenga terán merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Francisco Valiña Canosa. Descanse en Paz. ...
Don Manuel Soneira López, veciño de Camariñas, Descanse en Paz

Don Manuel Soneira López, veciño de Camariñas, Descanse en Paz

Continúa o incesante goteo de defuncións que están a asolar todo o noso concello. Na tarde deste mércores 20 de decembro deixaba este mundo despois dun longo padecemento o noso querido amigo e respetado veciño da Millarenga Don Manuel Soneira López aos seus 88 anos de idade. O Moledo, como era cariñosamente coñecido en toda Camariñas, está sendo velado no Tanatorio Municipal de Camariñas Irnmáns Fernández Espín, dende onde sairá cara a Igrexa de San Xurxo da vila das Palillieras ás 18:45 da tarde deste xoves 20 de decembro. Xa no sagrado templo camariñán será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Don Manuel. Acto seguido procederase a realizar o seu sepelio no Cemiterio Municipal de Camariñas onde os restos do señor Moledo terán merecido descanso eterno. Vaise deste xeito outro das derradeiras figuras claves para entender a milenaria forma de vida de Buría: mariñeiro mítico, labrador incansable, veciño sempre disposto a axudar e amante da súa familia. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Manuel, especialmente a súa muller Maruja, súa filla Marisol, Manolo e Beatriz Soneira, aos seus netos Pedro, Ana, David e María, bisnetos, fillos...
Cachalote varado na Praia de Cedeira en Camariñas

Cachalote varado na Praia de Cedeira en Camariñas

Nun dos seus paseos matinais un amigo e colaborador desta redacción divisou un obxecto extrano varado na praia de Cedeira. Ao acercarse este veciño a dito obxecto pudo comprobar que se trataba dun mamifero mariño en avanzado estado de descomposición que emitía un edor nauseabundo inauguantable. Ao momento se puxo en contacto cos servizos de asistencia do Concello de Camariñas que procederon inmediatamente á retirada do pestilente cachalote, eso que non estamos a falar dos nosos queridos cachalotes de dúas patas. Pero centrándonos na noticia que nos concerne, o animal en cuestión era dun tamaño bastante considerable, o que resultou en bastantes traballos para levalo da orilla da praia de Cedeira, aínda que ao final, os aguerridos operarios do concello conseguiron retiralo finalmente das inmediacións do paseo marítimo. ...
Novo nido de avispas asiáticas destruido no casco urbán de Camariñas

Novo nido de avispas asiáticas destruido no casco urbán de Camariñas

Volven as vespas velutinas a anidar en pleno casco urbán de Camariñas despois duns meses de relativa tranqiulidade. Na mañán deste luns 10 de decembro era un amigo desta web o que alertaba a esta redacción do avistamento dun gran nido de avispa asiática a poucos metros da rúa Virxen do Monte de Camariñas. Rápidamente esta web púxose en contacto co concelleiro Juan Carlos Canosa que daba orden para comezar o operativo de urxencia para exterminar este perigosa colmea de avispas asiáticas. O nido, de gran tamaño, estaba construido na copa duns castiñeiros que, ao quedar estes sen follas por mor das inclemencias do outono, ficou completamente visible sendo avistado por este cidadán. Pouco despois o equipo de exterminación de avispas asiáticas do Concello de Camariñas comandado polo noso querido amigo O Padronés, auténtico experto apicultor e encargado deste comando exterminador de velutinas realizaba as tarefas de eliminación desta praga que ten a media Galicia en xaque. Con todo esto, e a pesar da invasión descontrolada deste insecto en toda Galicia parece que aquí en Camariñas se ten a medida tomada a este insecto gracias ao equipo deseñado dende o Concello de Camariñas para facerlle fronte. ...