Don Manuel Valiña Mouzo, veciño de Camariñas, Descanse en Paz

Don Manuel Valiña Mouzo, veciño de Camariñas, Descanse en Paz

Non deixa de sucederse o incensante goteo de defuncións que asolan todo o concello de Camariñas. Na mañán desde domingo 10 de marzo a redacción de Camarinas.eu era coñecedora da triste noticia da defunción do querido veciño de Camariñas Don Manuel Valiña Mouzo aos seus 81 anos de idade. O corpo sen vida de Manolo do Braño, tal e como era cariñosamente coñecido en toda a vila das palilleiras,  está sendo velado na sala 1 do Tanatorio Municipal de Camariñas Irmáns Fernández Espín, dende onde sairá cara a Igrexa de San Xurxo ás 16:45 da tarde deste próximo luns 11 de marzo. Acto seguido será celebrado o funeral de corpo presente no sagrado templo camariñán pola alma de Don Manuel para, a continuación ser realizado o seu sepelio no Cemiterio de Camariñas. Dende esta redacción queremos dar as nosas condolencias a toda a familia e amigos de Don Manuel nestes duros momentos que están a pasar. Descanse en Paz. ...

Portos de Galicia abandona á súa sorte ao paseo marítimo de Camariñas

A alcaldesa Sandra Ínsua, lamenta a deixadez de Portos de Galicia repecto ao porto de Camariñas e concretamente na pasarela de madeira para os vehículos e os paneis laterais de cristal da pasarela peonil da Dársena que están en mal estado. O Concello cumpriu o acordo chegado con Portos para arranxar a pasarela de madeira, pero PORTOS o incumpriu ao non amañar os paneis de cristal. A entidade portuaria comprometeuse a facer un informe propio no que contemple posibles alternativas xa que actualmente só existe un informe municipal no que se conclúe que o problema é derivado dunha deficiencia estrutural. A alcaldesa manifesta a súa indignacion ante a situación da ponte da dársena que segue pechada pese o compromiso de Portos de arreglala. ...
Dona Dolores Lista López, veciña de Camariñas, Descanse en Paz

Dona Dolores Lista López, veciña de Camariñas, Descanse en Paz

Na mañán deste sábado 9 de marzo a redacción desta web recibía a triste notiica da defunción da querida veciña de Camariñas Dona Dolores Lista López aos seus 84 anos de idade. O corpo sen vida de Dona Lola da Carballeira, tal e como era cariñosamente coñecida en toda a vila das palilleiras, está sendo velado no Tanatorio Municipal de Camariñas Irmáns Fernández Espín, dende onde sairá cara a Igrexa de San Xurxo ás 15:45 horas da tarde deste sábado 9 de marzo de 2019. Xa no sagrado templo camariñán será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Dona Dolores para, acto seguido, procederse a realización do sepelio desta querida muller no Cemiterio Parroquial de San Xurxo de Camariñas. Vaia dende esta redacción todo a forza e ánimos a toda a familia e amigos de Dona Dolores nestes momentos tan duros que están a pasar. Dona Dolores Lista López, Descanse en Paz. ...
A Xunta de Galicia apoia o Centro de Día de Malpica pero negallo aos veciños de Camariñas

A Xunta de Galicia apoia o Centro de Día de Malpica pero negallo aos veciños de Camariñas

A Xunta de Galicia e o Partido Popular caban definitivamente a tumba política do seu candidato á alcaldía de Camariñas. Nunha decisión que non cabe máis que valorar como de sectaria e discriminatoria cara a vila das Palilleiras, a Conselleira de Política Social, unha tal Fabiola García, firmaba esta semana un convenio de colaboración co alcalde de Malpica no que se comprometía a apoiar económicamente o centro de día da vila malpicana. Hai que recordar que hai pouco máis dun mes era a mesma concelleira a que negaba o respaldo do ente autonómico que ela preside hacia o proxecto de centro de día de Camariñas. Non nos esquezamos de que o Concello de Camariñas conta, como a gran maioría dos homes e mulleres da costa sabe, cunha poboación moito maior e unha tasa de poboación activa inmensamente máis importante de mulleres traballadoras que malpica e por ende de toda a Costa da Morte. Ante esta situación de discriminación dun pobo frente a outro por parte da administración autonómica por mor súa cor política só cabe como solución a esta ultraxe a unión de todas e cada unha das forzas políticas do noso concello para esixir, vía plenaria, a non discriminación...
Manifestación contra os recortes en pediatría no Concello de Camariñas

Manifestación contra os recortes en pediatría no Concello de Camariñas

O pasado xoves 21 de febreiro Camariñas recibía a visita do Presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoo nun encontro con pouco máis de 100 simpatizantes e militantes do partido conservador no concello. Paralelamente, no mesmo día, a mesma hora e no mesmo lugar, organizábanse unhas cantas nais e pais para protestar diante do xefe do executivo galego por mor dos recentes recortes en pediatría que o Sergas aplicaba despiadadamente nos centros médicos de todo o término municipal de Camariñas, castigando desta forma tan desproporcionada aos nenos e nenas camariñáns ao exilio médico. Sen olvidar que nestes momentos o concello está a sofrir unha misteriosa vaga de casos de tuberculose que está a preocupar a todos os pais e nais do concello. A esta mobilización de veciños de Camariñas sumouse un pequeno grupo da coordinadora "Zas sen Recortes" así como algúns dos concelleiros do PSdeG-PSOE de Camariñas entre outros. Tamén atendía a este chamamento de última hora destes pais e nais a expresidenta do Parlamento de Galicia Marisol Soneira que quixo estar acompañando a estes pais na súa xusta reivindicación.  ...