- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 29 Xaneiro 2009 29 Xaneiro 2009
Ventos de máis de 90 km/h azotan Camariñas
O Parranda remítenos esta impresionante imaxe dun temporal terrible no Faro Vilán
Cando aínda colean os ecos do último temporal que asolou Camariñas o venres pasado e da granizada terrible que tinguío a nosa vila dun blanco manto virxinal o domingo, as prediccións falan dun novo temporal que chega ás Costas de Camariñas con rachas de vento que acadarán unha intensidade próxima aos 100 km/h. A estas alturas xa podemos falar probablemente do peor outono-inverno que lle tocou vivir á Costa da Morte en muitos anos. Un temporal polo tanto que tamén chegará á nosa querida vila de Santa Comba, onde está previsto que as olas inunden o seu Paseo Fluvial.
Asemesmo, cabe indicar que neste xoves 29 de xaneiro estaba previsto un corte de luz (supoñemos que se descontará da factura do mes) no noso querido distrito de Corea por parte da empresa Electra del Jallas para arranxar uns pequenos e insignificantes desperfectos acontecidos esta madrugada pasada cando os humildes veciños deste barrio camariñán se despertaron exaltados da cama ante as explosións continuadas dun pequeno, anticuado e destartalado transformador que esta queridísima empresa ten ubicado na Calle Vulcano. Pulsa na imaxe para ver unha amplia e impresionante galería fotográfica que nos remite o noso querido amigo o Parranda sobre a intensidade que un temporal pode chegar alcanzar nesta Costa da Morte nosa.
{multithumbs}





















Comentarios
As fotiños estan ben parranda ainda que hay aljunhas que estan un pouco nubladas.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.