- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 02 Xaneiro 2009 02 Xaneiro 2009
Atopada unha planeadora cerca do Faro Vilán

Imaxe da planeadora remolcada polo Salvamar, con serios desperfectos pola banda de babor
Xa dende a mañá deste venres 2 de xaneiro, primeiro do ano, notábase un movemento especial por Camariñas. E é que nas cercanías do Cabo Vilán fora atopada á deriva unha planeadora, que supostamente estaría adicada ao tráfico de drogas. A citada embarcación, de carácter neumático, sen tripulación, sen motores fueraborda e con serios desperfectos pola banda de babor, foi atopada polo barco de salvamento radicada en Camariñas, o Salvamar Altair, e remolcada posteriormente cara o Muelle Novo, chegando preto das catro da tarde á rampa que está entre o Espigón do porto camariñán e o Club Náutico. Alí fíxose cargo da mesma o Servicio Marítimo da Guardia Civil. Pulsa na foto, para ver a noticia que este tan desprestixiado entre parte do seu público redactor elaborou para todos vos.
Atopada unha planeadora cerca do Faro Vilán
Xa dende a mañá deste venres 2 de xaneiro, primeiro do ano, notábase un movemento especial por Camariñas. E é que nas cercanías do Cabo Vilán fora atopada á deriva unha planeadora, que supostamente estaría adicada ao tráfico de drogas. A citada embarcación, de carácter neumático, sen tripulación, sen motores fueraborda e con serios desperfectos pola banda de babor, foi atopada polo barco de salvamento radicada en Camariñas, o Salvamar Altair, e remolcada posteriormente cara o Muelle Novo, chegando preto das catro da tarde á rampa que está entre o Espigón do porto camariñán e o Club Náutico. Alí fíxose cargo da mesma o Servicio Marítimo da Guardia Civil.
Aquí en Camarinas.eu algo sabíamos. Por eso
decidimos neste día tan atareado rescatar a noticia da nosa querida PPC
(Perro Policía Camarinas.eu) Flequi, a cal desta vez non poderá mirar
directamente aos ollos dos malhechores (supuestos, eso siempre, despois
daquela metedura de pata, aquí xa todo é supuesto) dado que tras o seu recente parto non se encontra para muitos trotes. Bueno, queridos usuarios e usuarias, esto é canto
sabemos polo de agora e xa sabedes, os servicios informativos de
camarinas.eu teranvos puntualmente informados de todo o que aconteza
nas vindeiras horas.
P.D.: Pois esas noticias xa están aquí. Segundo informacións ás que tivo acceso camarinas.eu, os tripulantes da citada embarcación serían tres, os cales foron atopados na auga a unhas 40 millas das Illas Sisargas, sendo evacuados no helicóptero Pesca I ata Vigo, onde foron postos nas mans da Guardia Civil para un interrogatorio. Confirmada a identidade dos mesmos, resultaron ser veciños de Cambados e Vilagarcía, vinculados a importantes operacións de narcotráfico desenroladas en anos anteriores. Sen embargo, ata o momento non se atoparon evidencias que confirmen que esteamos ante un caso de narcotráfico polo que quedaron en liberdade pendentes de que se atopen as probas necesarias para incriminalos.

Comentarios
Non hai dereito a que acaben ca nosa xuventú.
Antonio
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.