- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 31 Decembro 2008 31 Decembro 2008
Falece tráxicamente na Coruña Juan do Nacho

A vida ten estas cousas: un día de festa tes todo preparado para estar ca familia e pasar uns momentos inolvidables e recibes de repente un golpe brutal que che fai esquencer todo o demáis. Esto é seguramente o que lle está a acontecer a familia de Juan Carril Ramos, máis coñecido en Camariñas como Juan do Nacho, o cal faleceu traxicamente esta noite na cidade da Coruña, sendo atopado o seu corpo sen vida flotando nas augas do muelle de Oza polo patrón da súa embarcación. Juan traballaba actualmente no "Dexo", o barco de Manolo "O Cochero", tiña cuarenta e un anos, estaba separado e deixa dúas preciosas fillas, Paula e Sara.
A redacción ao completo de camarinas.eu súmase nestes momentos terribles á dor de toda a súa familia, e así eu Diego Alonso Freire que ademáis de que a nai de Juan é prima da miña, recordo aquelas épocas en Fuerteventura cando Juan máis eu, dous solitarios emigrantes camariñáns en Canarias, nos xuntábamos no Bar Castillo para armar aquelas grandiosas festas e tamén me lembro ben cando os dous facíamos as visitas dominicales a nosa querida usuaria Sefa, a cal era tía carnal de Juan. Xa aquí na nosa vila, para min tamén serán inesquecibles todos os bos momentos vividos con Juan do Nacho no extinto Bar Maytuca que rexentaba miña nai e donde tantos chistes, cantareas e bailes compartimos Juan e máis eu. En fin Juan, querido amigo, descansa en paz.

Comentarios
EN ESPECIAL A SUAS FILLAS!
PAULA E SARA....D.E.P
QUEROLLE DAR O PESAME A TODA A SUA FAMILIA,EN ESPECIAL A OS SEUS FILLOS A SUA MAI E OS SEUS IRMANS.
ADEUS JUAN
Un abraso a toda familia.
Antonio
D.E.P. Juan.
DEP. JUAN DO NACHO.
Paulaaa Pitu se fuerte eston aqui para todo xa o sabes TE QUiEROOOO . Vane
Familia Blanco
no encuentro tu mirada...
Padre nuestro !!Cuanta injusticia!!
cuantas lágrimas derramadas.
Tu ausencia apenas comienza
desde el cielo"Quizás"a la vera de Dios
Despedirnos de ti nunca podremos
aunque en versos te digamos"ADIOS"
Hermano Juán(D.E.P).... moitisimas grazas a todo o pobo polas vosas palabras e alento á nosa familia
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.