- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 12 Outubro 2008 12 Outubro 2008
Duardo de Lisa salva a vida despois de volcar a súa lancha cando pescaba na zona das Baleas

Eduardo Pasantes (de camisa laranxa) levando en hombros a súa Virxen do Monte
O pescador camariñán Eduardo Pasantes Castiñeira, máis coñecido por Duardo de Lisa, sufrío esta tarde un grave accidente no mar mentras pescaba rebalos na zona das Baleas en Reira. Un golpe de mar fixo que a súa lancha volcara co que Duardo caeu ao mar. O gran pescador camariñán que acostuma a ir só na súa lancha empezou a gritar con todas as súas forzas pero debido ao moito mar que había ninguén escoitaba. A situación era crítica para Eduardo ata que unha parexa de rapaces camariñáns que se atopaba paseando pola zona deuse conta do que estaba acontecendo. Pulsa na foto para ler a crónica do acontecido e ver unha amplia galería fotográfica.
Duardo de Lisa salva a vida despois de volcar a súa lancha cando pescaba na zona das Baleas
O pescador camariñán Eduardo Pasantes Castiñeira, máis
coñecido por Duardo de Lisa, sufrío esta tarde un grave accidente no
mar mentras pescaba rebalos no zona das Baleas en Reira. Un golpe de
mar fixo que a súa lancha volcara co que Duardo caeu ao mar. O gran
pescador camariñán que acostuma a ir só na súa lancha empezou a gritar
con todas as súas forzas pero debido ao moito mar que había ninguén
escoitaba. A situación era crítica para Eduardo ata que unha parexa de
rapaces camariñáns que se atopaba paseando pola zona deuse conta do que
estaba acontecendo.
Nese momento os rapaces colleron o seu móbil e chamaron ao 112 para alertar da emerxencia, así como
a varias persoas máis, entre as que se encontraban os irmáns de
Eduardo, Juan e Manolo, os cales colleron as súas potentes lanchas e
foron ao rescate do seu irmán que se encontraba xa moi cansado e ao
límite das súas forzas no medio dun bravo mar e ao lado das rompientes.
Pouco tardaron estes bravos pescadores camariñáns en chegar ao lugar do
accidente e só tiveron que coller ao seu irmán da auga e traelo sano e salvo para
terra. Sobre as nove da noite deste domingo Eduardo atopábase xa na súa casa a cal se estaban
acercando multitude de veciños e amigos para estar coa familia nestes
difíciles momentos. Ao mesmo lugar do accidente desprazouse tamén un helicóptero
e a lancha de salvamento marítimo con base en Camariñas Salvamar Altair
que remolcou a maltreita embarcación de Eduardo ata o porto camariñán además de varias patrullas da Garda Civil e Protección Civil de Camariñas.
A súa muller María atopábase no muelle novo cando recibíu a noticia do
accidente do seu home e sufrío unha crise nerviosa. Hai uns instantes
que puidemos ver a Eduardo e María máis tranquilos xa na súa casa da
carretera do faro. Ao final gracias a Deus todo quedou só nun susto.
{multithumbs}










Comentarios
Espero que te recuperes moi pronto...
Moitos aNIMOS a familia!...
****************Lucia***************
gracias virgenes do carmen e da virgen do monte por mirar por el,como el sempre mirou por vos.
como tamen darlle as gracias a san jorge o que tamen sempre acompañou,graci as mil veces por non abandonar o noso veciño que sempre os acompañara nas vosas andaduras po lo noso pobo e polos nosos mares.
CAMARIÑAS DONDE OS CONTOS NON ENCHEN .
eu de camariñas e do gil.
Un saludo...
Familia Luis Blanco (do Cotro)
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.