- Escrito por Mister X Mister X
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 11 Setembro 2008 11 Setembro 2008
Uns bárbaros tratan de matar a unha pobre cadela en Reira
A cadeliña volveu a nacer en Reira por eso agora a súa nova familia lle puxo ese nome
Mister X traenos hoxe unha historia-denuncia que, aínda que acaba cun final feliz non creemos que sea do agrado da noble xente camariñana. Este mércores 10 de septembro unha cadeliña foi brutalmente maltratada nun dos camiños que levan ás famosas praias de Reira por dous bárbaros (por chamarlle de algunha maneira) que se deron á fuga nunha motocicleta que según testigos presenciais era azul e branca e de estilo Scooter. Pulsa na foto para ler a noticia completa e coñecer aos nosos amigos que recolleron na súa casa a cadeliña maltratada.
Foi bautizada pola súa nova familia co nome de Reira
Reira, feliz coa súa nova familia que trata á cadeliña como unha reina
Hai días nos que che contan historias que non crees ata que ves probas evidentes de que realmente sucedeu eso que che están a contar. Esto foi o que pasou cando me contaron a terrible historia que este mércores sucedeu cando uns rapaces estaban a golpear contra o chan a unha cadeliña de non máis dun mes de vida. Os rapaces, foron vistos por uns turistas que estaban descansando nun campo de Reira os cales alertaron a estes chavales para que non continuaran co maltrato. Pero non foi así e, como se do golpe de gracia se tratase, un destes energúmenos colleu a cadeliña pola espalda e quixo rematar ao pobre animal contra o chan dándolle un golpe terrible pero que felizmente non foi mortal. Os rapaces subiron na moto pero non sin antes tapar a parte de atrás da motocicleta con unha camiseta que levaban posta para que os turistas que xa se acercaban a eles non puideran apuntar o número da matrícula que delataría a estes vándalos.
Ao final cando os turistas chegaron a xunta a cadeliña ferida foi cando apareceu Fran do Papudiño que estaba a pasear coa súa moza e a filla desta polas praias de Reira, xa alertados polos alaridos da pobre criatura que estaba sendo maltratada. Entón o turista contoulle todo o que sucedera. Cando Fran e a súa familia escuitaron o sucedido non poideron creelo e colleron a cadeliña e levárona para a súa casa onde se está a recuperar das feridas producidas por estes dous moteros con pintas de quinceañeros. Agora, a cadeliña atópase na casa desta familia camariñana e os seus novos donos trátana como se fose unha raíña. No momento de poñerlle nome, eles non o dudaron. Puxéronlle de nome Reira, o lugar onde esta cadeliña volveu a nacer gracias a uns turistas e á familia de Fran do Papudiño.




Comentarios
Desirlle a Fran desde aquí que merese todos os meus meritos,;jrasia s Fran polo que acabas de faser,eso sí que e ser persona.Bravo p0or tí Fran.
hay ben de tempo que non che vexo, alejrome que sea con unha notisia como esta saludos de teu primo VICTOR...
si os superan criar como tiñan q crialos..
bueno animos a esa nova familia q ten un corazn d ouro...sodes os máximoss..bikiñ oss
hoxe en dia teño un,(cadela),per o non sei o que faria si vexo algen maltratandoa,mi llor non pensalo...
enhoraboa mister x,,,e tamen a esa familia adoptiva
Alguaciles!! Llevense al preso!!
Se levanta la sesión!!
TOC TOC!!
EU OXALÁ NUNCA ME ENCONTRE CUNHA SITUACIÓN SIMILAR PORQUE OS MULO A PAUS,AINDA QUE ME MATEN A MIN A OSTIAS DAME IGUAL,É SUPERIOR A MIN.
QUE ASCO DE XENTE!!!!!!
MOITAS GRACIAS POR ADOPTALA FRAN E FAMILIA,SI SEÑOR..
MISTER X,NORABOA.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.