- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 05 Setembro 2008 05 Setembro 2008
Un iate tivo que ser rescatado esta noite de temporal
Eran sobre as 5 da mañán desta noite cando os tripulantes de guardia do barco de salvamento marítimo "Salvamar Altair" con base en Camariñas recibían o aviso de socorro do catamarán "Ulysse" que se atopaba fondeado xunto a outros iates na Ría de Camariñas. A esas horas, e cadrando coa subida da marea, o temporal arreciaba moi forte con ventos superiores aos 80 km/h e chuvascos moi intensos.
Un catamarán á deriva dentro da Ría (de Camariñas)
Eran sobre as 5 da mañán desta noite cando os tripulantes de guardia do barco de salvamento marítimo "Salvamar Altair" con base en Camariñas recibían o aviso de socorro do catamarán "Ulysse" que se atopaba fondeado xunto a outros iates na Ría de Camariñas. A esas horas, e cadrando coa subida da marea, o temporal arreciaba moi forte con ventos superiores aos 80 km/h e chuvascos moi intensos.
Según nos contou a tripulación do Salvamar Altair o catamarán "Ulysse" estaba ben fondeado ata que, debido aos fortes ventos e a subida da marea, a súa ancla perdeu o agarre e o catamarán empezou a ir á deriva. Os tripulantes do iate intentaron arriar outra vez o risón (non confundir con un término puramente camariñán que significa outra cousa) pero non daba agarrado en ningún sitio do fondo, co que decidiron facer a chamada de socorro antes de que acabaran nas pedras. Unha vez recibido o aviso, a tripulación do barco de salvamento actuou rápidamente. Hoxe pola mañán acercouse un equipo de reporteiros da TVG para cubrir a noticia do incidente que, ao final e gracias aos valentes mariñeiros do noso Salvamar Altair, acabou sin máis problemas e co catamarán amarrado firmemente no muelle novo de Camariñas. Pulsa na imaxe principal para ver unhas cantas fotos.







Comentarios
ese barco marchará para Francia tan tranquilo,como outro español virá pa sua terra cando lle pase en Francia...
enterese algo de que vai o salvamento maritimo e logo escriba o que queira..
e deixe o tenedor no solo
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.