- Escrito por Mister X Mister X
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 03 Setembro 2008 03 Setembro 2008
Un novo defensor das causas perdidas: Mister X
Mister X camariñán: ¿en que jaleos non se meterá este tipo?
Hoxe é un día de retorno de vellos usuarios e de aparición doutros novos. Camarinas.eu preséntavos a Mister X, o novo usuario que todos vístedes pulular por esta web non fai moito e que creou, coa colaboración da web máis visitada da Costa da Morte, unha sección especial na que, como no mítico capítulo dos Simpsons, tratará de escudriñar e achegar a todos nos aquelas malas accións e descuidos dos nosos representantes, grandes empresarios e incluso xente normal. Ademáis de patrullar as calles do noso querido concello, Mister X terá un correo electrónico para que todo aquel que queira poida poñerse en contacto con el para pedirlle consello e solicitar a súa axuda se fora necesario. Para elo só terás que mandar un email a: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. . Hoxe fai a súa aparición estelar o noso Mister X cunha denuncia que nos mandou un usuario de camarinas.eu fai un par de semanas.
Como primeiro plato da súa sección, Mister X presenta unhas fotos tomadas hai un par de semanas onde se pode ver o estado de total abandono e descuido do paseo que vai do campo de fútbol de Camariñas ata os terreos onde se encontra Stolt Sea Farm. As persoas coas que Mister X contactou para saber máis do asunto son grandes aficionadas ao deporte, especialmente a correr e a andar coa bicicleta por estes sitios e todos coincidiron en que "como vaias por alí coa bicicleta podes quedar lañado de por vida" debido á invasión incesante de silvas e toxos. Nuns momentos o noso querido "defensor do camariñán" Mister X dará unha breve e dura sentencia sobre estas imaxes.



Comentarios
Ole y ole.
as silvas e os toxos e normal que estén polos camiños, elojo non sabedes que e a casa dos lajartos lajartas e demais animaliños, eles tamén teñen dereito a que non invadan as suas casas.eu o que non consinto e que me tiren serpientes e vivoras na miña horta, que as leven pas suas casas e que durman con elas.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.