- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 28 Agosto 2008 28 Agosto 2008
A última e auténtica festa do verán

Imaxe da procesión de San Ramón do ano 2007
Este sábado 30 de agosto comezan en Camariñas as Festas adicadas a San Ramón, as últimas festas do verán, e que terán continuidade ata o domingo 31, día do Santo en cuestión. Neste día celebrarase a tradicional procesión ao redor da Igrexa de Camariñas. Ademáis das típicas orquestas haberá pasarrúas de gaiteiros e unha gran traca de fogos artificiais.
Camarinas.eu, sempre activa colaboradora coas comisións de festas do noso pobo (aínda que a veces non nos axuden moito a nos) fará un seguimento especial a estas festas para que todo camariñán que se encontre fora do seu pobo poida ver coma se estivera aquí unha das últimas festas do verán na Costa da Morte, porque o noso compromiso é e será sempre ca xente do Concello de Camariñas. Pulsa na imaxe para ver o programa completo e ver unha galería das Festas de San Ramón do ano pasado.
Sabado 30:
Orquesta Aramio
Orquesta Libertad
Domingo 31:
Misa solemne a 1 da tarde con procesión.
Gran traca de fogos ao remate da misa.
Orquesta "Delirio"
Pasarrúas de Gaitas do País
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.