- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 03 Agosto 2008 03 Agosto 2008
Os membros da Danza de Arcos danse unha homenaxe

As redactoras de camarinas.eu están que non paran. Despois do impresionante traballo realizado con motivo da apoteósica festa do Arnela do venres 1 de agosto, Adriana, Lucía e María Belén plantáronse o sábado na Cena que a Comisión de Festas do Carme adicaba como homenaxe aos membros da Danza de Arcos de Camariñas. Como é normal, a entrada das redactoras do xigante cibernético da Costa Atlántica provocou un entusiasmo xeneralizado entre os héroes da Danza de Arcos ao verse en presencia de tres belezas tan esculturais e impoñentes. Pulsa na imaxe para ver a homenaxe que se deron os membros da mellor Danza de Arcos do mundo.
Os membros da Danza de Arcos danse unha homenaxe
A citada cena que se celebraba no restaurante Stela del Mare, comenzou pasadas as 10 da noite e alí déronse cita máis de 60 persoas todas elas relacionadas ca Danza de Arcos de Camariñas. Así, alí estaban membros clásicos da nosa Danza como Manolo o Mariachi, director da mesma, o seu cuñado Carlos o Morea, Toñito de Chuca, Carlos o Rubio, Manel o outro Mariachi ou Jose "Rancho Junior" entre outros, destacando como membro invitado o noso querido amigo Totis, a xove promesa da Danza deste ano, a esperanza truncada pola rotura dunha fibra, que provocou a maior decepción e desolación que se recorda no entorno da Danza de Arcos de Camariñas en anos. En fin, a ver o ano que ven.
Pero alí tamén fixeron acto de presencia membros máis novos da nosa Danza como o nosos queridos usuarios Luis (Kecho), Carlos (Kalaña) un experto en todo o que teña que ver ca Danza e co mundo da fotografía, o seu irmán Jose e o seu primo Manuel Lema Ageitos, o máis xoven arqueiro da historia, que ao parecer animado polos seus primos tomou un par de vasos de viño que rápido se lle subiron á cabeza. Mal, mal. Acompañando ás redactoras màis cremosas da Costa da Morte, presentouse na cena outra beleza: a nosa querida usuaria Melina, prima de Adriana e que por problemas de enlace co seu vo procedente de Vimianzo non puido presentarse este venres na cena do Arnela. Como Totis. Mal, mal.
En fin, pois desta forma camarinas.eu pon o seu punto e seguido á cobertura da actuación da mellor Danza de Arcos do mundo, a de Camariñas, cobertura que se iniciou cuns preparativos eclipsados polo hipotético e histórico debut de Totis, e que rematan ca máis que merecida homenaxe que se lle brinda aos héroes da Danza de Arcos, alma e corazón das Festas do Carme de Camariñas.









Comentarios
e mas cn semejante recibimiento en Mi Vida jajajaja
Pos nada un saludo a todos...
B
I
K
O
S
pois a verdad eq o pasamos muy ben no cachiño q tubemos cenando ali con eles eo recibimiento q nos deron xa fui demasiado jeje!!
un saludo a todoss
e o q mas molu fui q entraran estas 4 preciosidades jaja son unikas
tremenda festa!!weno q bos vaia bonito a tod@s
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.