- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 01 Agosto 2008 01 Agosto 2008
Melina e Diego estarán no Arnela este venres. ¿E ti?

Melina e Diego estarán no Arnela este venres na festa total de camarinas.eu, ¿e ti?
Pois non queda nada para que se produza o maior acontecemento festivo en Camariñas desde que Totis quixo acudir á Danza de Arcos na Festa do Carmen. Este venres (hoxe!) xuntaranse espontáneamente no Café Bar Arnela de Camariñas unha patrulla chiquiteril para facer unha festa ao estilo de camarinas.eu: sen pensar e inconscientemente. De todos modos esperamos que as nosas amigas e usuarias de camarinas.eu Pauliña e a juapísima filla da nosa querida usuaria a Mantida (Adriana) teñan o repertorio ben ensaiado porque as cámaras van a estar rodando.
Ao mesmo tempo farase un reencontro de dous amigos que, aínda que fai pouco tempo que se coñecen, xa se extrañaban. Estes dous son Diego (o noso destartalado e ridículo director) e Melina, a juapiña usuaria de camarinas.eu e amiga desta web. Pois nada, acabamos esta noticia invitando a todos os camariñáns a participar nesta festa espontánea. Unha festa que vai dar a volta ao mundo. Unha festa na que tes que estar si eres camariñán. A partir das dez da noite no Arnela. Haberá pinchos para todos e festa a rachar.
Pulsa na foto para ver unhas instantaneas dedicadas a Melina (¡TES QUE VIR CHE!).
Comentarios
Vaia festaza tedes preparada!!
Saudos dende Negreira Camariñáns!!
PERO HABER SE PODO....")
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.