- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 29 Xullo 2008 29 Xullo 2008
¡Este venres Festa no Arnela!

Este venres 1 de agosto estase preparando unha festa histórica no Café Bar Arnela, con motivo da despedida das usuarias máis rumbeiras de camarinas.eu nas Illas Canarias, Sefa, Rocío A Piruca e Paula Más. Os preparativos da que alí se pode armar e aos que tivo acceso en exclusiva esta redacción meten medo. Así, está previsto un dúo máxico formado por Adriana ao acordeón e Pauliña ca súa portentosa voz; unha nova actuación do sen dúbida mellor conxunto vocálico e chiquiteril de toda a Costa da Morte: os Tres Tenores (Manolo do Panadeiro, Juan do
Penedo e Tono de Riala, como percusionista experimentado, o Tito Puente
desta Franxa Atlántica). Todo elo condimentado por uns pinchos e tapas elaborados polas mans sabias de Gelinita e o ambiente cubatero e chiquiteril clásico do Arnela.
Ademáis, 32 ventos prometío mostrar a súa verdadeira cara, a nosa usuaria Lusina busca por Santiago desesperada uns platillos para que destaque o arte timbaleril do maestro Tono da Riala, e incluso se rumorea que dous representantes de aquel lexendario grupo de rock de destino fatal e música celestial, The Third is The Piggiest, poderían interpretar unha versión desenchufada (un umplugged) dalgún dos seus famosos e archiconocidos temas. En todo caso o que si é certo é que a nosa redactora, a Beauty Adriana, encerrouse xa hoxe pola tarde na casa para practicar co seu acordeón italiano xurando non saír da mesma ata o momento da verdade: a tan esperada e anhelada actuación ca súa gran amiga Pauliña. Pois si señores, así comenza con esta festa de despedida a tres usuarias claves da web millonaria (en entradas, claro) da Costa da Morte, un conxunto de actos de celebración do Primer Aniversario de camarinas.eu, que terán o seu apoxeo cunha cena masiva por todo o alto o día 15 de agosto. Atentos á pantalla nos próximos días. Camarinas.eu:¡¡es como una droga!!"

Comentarios
E Diego xa sabes...queremo s ver detalle por detalle!!Non nos falles...jeje
Un sludo!!
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.