- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 27 Xullo 2008 27 Xullo 2008
Espectáculo cabalar por todo o alto en Reira

Un éxito impresionante de público consagrou a VII Xuntanza Cabalar
Cando nunha das reunións semanais que celebra a redacción ao completo de camarinas.eu para diseñar o programa a desenvolver durante a semana, comentou a nosa redactora Lucía que xa a corta edade de 4 anos domara a bravura dun cabalo montando nel como unha experimentada amazona, estaba claro que era a persoa indicada para facer a reportaxe sobre a VII Xuntanza Cabalar que a Asociación Peña de Cabaleiros da Costa da Morte desenvolveu este 26 e 27 de xullo en Reira. Acompañada da súa irmán María Belén, a nosa Beauty, que era a que nesta ocasión portaba o bloc de notas, prantáronse as dúas, secundadas pola xoven becaria de camarinas.eu, a usuaria Lucía016, diante da Praia Grande de Reira para brindarvos esta reportaxe gráfica excepcional.
A VII Xuntanza de Cabaleiros da Costa da Morte, na que se dan cita xinetes e cabalos provintes desta franxa atlántica e de máis alá, comenzou na tarde-noite do sábado 26 en Reira, como ven sendo tradicional xusto en frente da Praia Grande, ou como a bautizaron agora, seguramente algún burócrata nun despacho en Santiago, "Area Longa", nome típicamente camariñán como podedes observar e que seguramente de toda a vida oístedes polas rúas da nosa vila. "Area Longa", ahí queda eso. Estaría ben que por unha vez non nos impuxeran dende fóra o nome dos nosos lugares tradicionais. Pero bueno, volvendo ao tema, este gran espectáculo equino comenzou na tarde do sábado cunha actuación dunha orquesta que foi acompañada dos Gemelos de Buría, para despois, sobre a unha da mañán, comenzar un Show Erótico que consistío nun strip tease masculino e outro femenino, por aquelo da igualdade de xénero, tan de moda agora.
Unha vez rematado este despelote, a organización dos Cabaleiros da Costa da Morte traballou duramente ao longo da noite para que o domingo 27 todo fose perfecto. E así, hoxe a 1 da tarde os Cabaleiros fixeron un percorrido por todo Camariñas acompañados de xinetes de distintos concellos e provincias de toda a xeografía española. Unha vez chegados ao marco incomparable e paradisíaco de Reira, houbo as clásicas degustacións de poldro e churrasco, para as 5 da tarde empezar o auténtico plato forte: Baile de cabalo español e o autentico de raza Pura Galega. É de destacar o impresionante éxito de público, que deixou abraiadas as nosas dúas fermosas redactoras Lucía e María Belén, e tamén a nosa becaria Lucía016. Un río de xente acercouse no día de hoxe ata a Reira, aínda que as condicións climatolóxicas non eran as mellores e así sobre as 7 da tarde púxose a chover. Pero nada empañou o éxito clamoroso dunha Xuntanza que debe xa por dereito propio figurar na lista de ouro de festividades do festeiro e maratoniano verán galego.





















Comentarios
Gracias polas fotos, bo traballo.
bueno un saludiño a todosss
Esto foi unha festa de luxo,pois quén pode formar unha festa de esta envergadura enfrente dun paisaxe tan fermoso como as nosas praias do Atlántico (Reira).As reporteras fixeron moi ben o seu traballo xa que colleron unhas boas instantáneas,fe licidades para elas
¡¡ata puden localizar a un vello amigo de negreira!! o carallo de "juanciño" da chancela, sempre co seu inseparable saxofón, instrumento do que é un verdadeiro virtuoso.
o dito, Zhúkov, penso que podes coller unhas tranquilas vacacións, que a web quedaría en moi boas (e fermosas) máns.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.