4.8823529411765 1 1 1 1 1 Rating 4.88 (119 Votes)

¿O arqueiro máis xoven da historia?

Manuel non defraudou as expectativas no seu esperado día de debut ca Danza de Arcos
Manuel non defraudou as expectativas no seu esperado día de debut ca Danza de Arcos

Contan os que o coñecen que xa dende moi pequeno Manuel Lema Ageitos correteaba polo pasillo da súa casa  arriba e abaixo imitando á Danza de Arcos e que non se cansaba de visionar unha e outra vez os vídeos da mesma, xa que o gran soño de Manuel era precisamente o de poder un día bailar nas Festas do Carme na Danza de Arcos de Camariñas. Quedábanlle aínda tres interminables anos para chegar aos dezaseis reglamentarios para elo, cando no día de onte, e temendo unha desbandada en masa dos membros da Danza para este xoves 17 de xullo, seu tío Manolo, o actual director da Danza de Arcos, lle dixo que se preparase e estivera listo: o seu momento chegara. Pulsa na imaxe para ver as fotos que a nosa redactora Lucía tomou do primeiro baile de Manuel e da homenaxe que a Comisión lle brindou aos Directores da Danza de Arcos.

Pasado e futuro da Danza de Arcos de Camariñas

E é que sen dúbida a paixón pola Danza de Arcos corre polas venas de Manuel. O seu abuelo non é outro que Francisco Ageitos Souto, "Chuquiño", o lexendario director  que gobernou con timón de ferro a Danza de Arcos de Camariñas durante máis de trinta anos, para unha vez xa retirado coller o mando o seu fillo e actual director José Manuel Ageitos Lista, Manolo, o cal sen dúbida apreciando as cualidades innatas do seu talentoso sobriño, decidío non esperar máis e concederlle xa a alternativa á maior promesa que actualmente existía na Vila das Palilleiras.

Pero é que ademáis o día máis importante na vida de Manuel ven a coincidir, ironías do destino, co día no que  a Comisión das Festas do Carme, nunha iniciativa que merece tódalas nosas alabanzas, homenaxeou no Baile Vermouth deste xoves 17 de xullo a todos os directores que tivo a Danza de Arcos ao longo da súa historia, entre eles o seu abuelo e o seu tío. Dende que un lonxano dia da posguerra española, hai xa máis de 60 anos, un maquinista provinte de Cariño, trouxera á Vila dos Encaixes, a fermosura e colorido da Danza de Arcos, seis directores sucedéronse ao frente da mesma. De tres deles, ben porque xa non están entre nos, ben por imposibilidade física, tiveron que ser os seus descendentes os que subiran ao escenario a recoller o agasallo da Comisión, pero en todo caso quedou patente o recoñecemento e gratitude  do pobo de Camariñas con estes homes, sen os cales as Festas do Carme non serían as mesmas.

 

Comentarios   

zhúkov
0 # zhúkov 17/07/2008 19:39
Pois si que é verdad, con esa barbiña que ahora lle tirou Diego parece Abraham Lincoln!!!jajaj aj
Denunciar ante o administrador
MBCA
0 # MBCA 17/07/2008 20:33
alegrome muito de que puxeran esta noticia de manuel,porque o merece de verda!
a el siempre ye gustou bailar a dansa de arcos,eo seu soño e hoxe pudo cumplilo.
pa el nn solo estes catro dias de festa son o carmen se nn q todo o ano eh jeje el siempre ta ca sua sinta da dansa de arcos cantando e bailando pola casa adiante,anq aveses nos poñe dos nervios a todos por despertarns ca dnsa jeje
pero sabemos q hoxe fixo muy ben pa ter solo 12 anos e espero q po ano que ben poda bailar outra ves o dia propio!
bueno pois nada q grasias por poñer esta noticia e decirye a diegiño q el tamen fixo majas bailando jeje q po ano q ben xa sabe a animarse pa bailar todo recorrido jeje
beña lojo un saludiño a todsss
Denunciar ante o administrador
duquesa
0 # duquesa 17/07/2008 20:48
moi ben parece um detalle moi bonito que lle fixeran esto a Manuel si tanto desexa bailar,haber si po ano que ben pode bailar outra vez.
Denunciar ante o administrador
lucia018
0 # lucia018 17/07/2008 21:14
Estubo moi ben o que a comision de festas fixo o homenaxe Pa dansa de arcos!!!
Pos eso esperomos aber si MANUEL si dios quere po ano que ben baila!!
E que bailou moi ben!!!
que xa tten a dansa chapada de memoria!!!
DIEGUIÑO q nn sei si bailastes mas beces o nn pero que tamen Aber si te animas a bailar po ano que ben!!!
O propio dia!E gracias pola noticia un saludo a todos!!!Bikiños!
:-)
:-)
:-) :-)
Denunciar ante o administrador
Kalaña
0 # Kalaña 18/07/2008 04:05
viva a danza de arcos
Denunciar ante o administrador
jenita
0 # jenita 21/07/2008 14:25
veña manuel que eres o unico rapaz tan novo que dansas
Denunciar ante o administrador
JABA
0 # dansa de arcos resiste ko paso dos anos!JABA 22/07/2008 21:26
Espero,e deseo ke esta tradicion nunca se perda!!!
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.