- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 15 Xullo 2008 15 Xullo 2008
A Danza de Arcos xa está aquí pero sin Totis

Este domingo 13 de xullo foi o último ensaio da Danza de Arcos de Camariñas, a cal xa está lista para actuar no día grande das festas máis mariñeiras das Rías Altas este 16 de xullo: a Festa do Carmen de Camariñas. Aínda que parece ser que o noso querido amigo Totis, que tanta ilusión tiña por asistir á Danza de Arcos este ano non vai a poder cumplir coa danza por culpa dun esguince na súa maltreita perna dereita.
Totis, que ten cerca de 70 anos, nunca formou parte da Danza de Arcos e este ano quixo quitarse ese peso de enriba. Non sabemos si se recuperará pero as expectativas son moi negativas. Os que o viron desenvolverse sobre unha pista de baile nos seus bos tempos falan doutro Rudolph Nureyev, dun redivivo Baryshnikov, dun prodixio da danza. De todas formas e superando este duro golpe que tan grandes expectativas había xerado, todo está listo e preparado para a gran cita e camarinas.eu fará un despliegue especial cos seus escasos, destartalados e ridículos medios marítimos e terrestres para cubrir esta cita (esperemos), estando pendentes de todo o que aconteza nestes días para que, aínda que esteades fóra de Camariñas, poidades vivir todo o esplendor da máis importante e grande festa mariñeira das Rías Altas (incluída Muxía e Camelle). Pulsa na foto para ver unhas cantas imaxes da Danza de Arcos e un vídeo desta.
Comentarios
Vña un saludo e a disfrutar destas festas!!
Decir me encanta a dansa de arcos xa desde moi pekenaaa mimaaa que bonita e o mas bonito da festa mas a procision do mar!
Bueno pos disfrutar todos estes dias a pasalo ben!!!!
E NN ir a CAMA JAJAJJA!
MANUEL POUCO CHE QUEDA SOLO 3 ANIÑOS E DEPOS A BAILAR BIKIÑOSSSSSSSSS SSSSS
Creo que a los fervientes y admiradores del grande entre los grandes, del Charro entre los Charros, del Gardel entre los tangos, del Camarón del “cante jondo” del noroeste de esta piel de toro… nos debe aunque sólo sean cuatro pasos, un poco del arte que lleva dentro.
Ni las tendinitis, ni los esguinces de tobillo, ni los años podrán acabar con un genio.
¡VIVA TOTIS!
¡VIVA EL ARTE!
¡VIVA LA VIRGEN DEL CARMEN!
q empesar cando era mas novo,xq aora...
pero weno oh,po ano q probe aver se
ten ajuante q malo sera,e si se cansa pos q se poña a andar,viva totis!!
saludos a tod@s e a pasalo ben xentee.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.