- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 06 Xullo 2008 06 Xullo 2008
Sardiñada no Curbeiro

Estaba este sábado 5 de xullo o director de camarinas.eu cubrindo unha voda en Vimianzo e un dos redactores tostándose ao sol en Reira, e ante este estado de desidia e abandono no que en ocasións se sume a redacción, as novas redactoras de camarinas.eu, decidiron que unha noticia da importancia da Festa da Sardiña non podía quedar sen cubrir e sobre as 19:00 presentáronse no Curbeiro para representar a nosa web neste evento gastronómico e firmar unha reportaxe sinxelamente perfecta. Que temblen os restantes medios de comunicación escritos, televisivos e radiofónicos: as novas redactoras de camarinas.eu xa están aquí. Pulsa na foto para ver a reportaxe completa.
Festa da Sardiña en Camariñas
A Festa da Sardiña enmárcase dentro do Programa de Actividades elaborado pola Asociación de Empresarios de Camariñas para desta forma resaltar e aumentar o potencial turístico da Vila dos Encaixes e asemesmo potenciar o tecido empresarial camariñán, tal e como lle comentaron membros da Directiva da Asociación a Lucía, a cal cun bloc de notas e pertrechada cunha cámara fotográfica de última xeración presentouse no Curbeiro as sete da tarde deste sábado 5 de xullo para firmar o seu reportaxe debut. Recatouse un pouco nos seus atuendos, non fose ser que a algún se lle atragantasen as sardiñas ante semellantes belezas despampanantes e o día de festa se convertera nun traxedia culinaria.
E o que teñen estas festas gastronómicas: para levala a cabo tivo que haber un xenocidio sardiñeril, un auténtico holocausto marino. Pero bueno, merecío a pena porque as sardiñas que onte se degustaron no Curbeiro estaban exquisitas en tódalas formas nas que se prepararon: asadas, rebozadas, en empanada, tal e como comprobaron as redactoras máis cremosas da Costa da Morte (bueno, non sabemos en Santa Comba...), que levaron a súa profesionalidade ata o punto de catar persoalmente todas estas delicatessen marítimo-pesqueras para poder dar un veredicto: exquisito!
Comentarios
Hai nasen estrellas de debaixo das pedras.
Genios y figuras.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.