- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 24 Xuño 2008 24 Xuño 2008
Agora que todo asociacionismo parece ser do mesmo signo e os cambiachaquetas e pelotilleros (sin comillas) están a tope de traballo, camarinas.eu sigue coa súa labor informativa independente e vai a resumir brevemente o acontecido onte no San Juan máis multitudinario da Costa da Morte: o de Camariñas. A verdade é que non se pode pedir máis para unha festa que leva celebrándose na nosa vila desde tempos inmemoriais e que últimamente estaba algo de capa caída. Onte puidéronse ver dúas lumareas xigantescas e todos os bares estaban repletos de xente alapada por devorar as boas sardiñas que se pescaron este sábado en Camariñas.
Cerca de 2.000 persoas abarrotaron a praia de Area da Vila para degustar esas boas sardiñas ao tempo que escoitaban a orquestra Acirema e esperaban para ver o acendido da inmensa fogata que a Asociación "Lumarea da Vila" conseguío conservar ata as 12 da noite sen que ningún pirómano lle prantase lume antes de tempo (eso si, tiveron que estar os rapaces da asociación durmindo todo este fin de semana en tendas de campaña ao lado desta lumarea para resgardala de posibles ataques). Nos bares do noso pobo tamén había un ambiente espectacular e caseque todos os locais organizaron a súa festa particular. No Arnela poidemos ver ao noso Top Camariñas Juanillo asando sardiñas coa súa avoa Gelina e no Casino a miña nai Mari Carmen asando unhas boas tiras de churrasco. Ademáis no Bar Victoria estaba Mario (como é xa habitual) preparando o lume para asar. No Pinar estaba Osquiña tamén a tombos co carbón e nas Vegas os nosos queridos amigos Malena e Lalá non daban abasto a repartir sardiñas.
Comentarios
ALEGROME DE QUE HOUBERA TANTA XENTE EN TODOLOS SITIOS.
UN SAÚDO A TODOS OS CAMARIÑANSSSSSS
Faltabas ti no casino con Jaba e Gabi PIRUCAAAA!! jeje!
Un millon de JRASIAS!!
por serto que samuel está enorme e juapísimo e de meu tío manoliño xa non dijo nada que despós a montse non lle justa.
saludos a todos
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.