- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 03 Xuño 2008 03 Xuño 2008
A última partida do meu amigo Miguel
Cando chegaba pola porta do Pinar sempre había un sonriso no seu rostro. Sempre co seu Marlboro e o seu inseparable móbil de última xeneración, os cales apousaba na barra do bar mentras pedía unha Coca-Cola Light e, entre bromas e risas, decíanos aos amigos: "Venga va! una partidita al futbolín. Vamos tu y yo Diego contra estos dos que los machacamos, jaja". O caso é que algunha vez nos machacaban a nós pero sempre había outra oportunidad para volver poñer unha moneda e intentar a victoria, ata que nos cansábamos e él dicía: "¡Venga va! La última, Diego".
A última partida xogouna meu amigo Miguel hoxe as 6 da mañán na carretera que vai de Santa Comba a Santiago cando sufríu un terrible accidente de tráfico. Miguel, meu amijo, morrío no acto. O Venezolano estaba actualmente separado e vivía coa súa moza en Santa Comba. Tódolos días desprazábase ata Santiago onde traballaba nunha empresa de mensaxería express. Xa levaba moitísimos anos en Camariñas dende que veu de Venezuela coa súa familia (que rexentaba o recordado Bar Venezuela), pero sempre conservou ese acento típico sudamericano que facia que a Miguel lle chamaran en Camariñas co sobrenome de "O Venezolano". Para min, un rapaz xenial, amigo dos seus amigos e sempre disposto para axudar. Escribo esto entre lágrimas e teño que cerrar a porta da tenda porque non podo aguantar o dolor de perder a un amigo coma él. Miguel, espero que cando chegue a miña hora e che vexa alá arriba volva a oír eso que sempre me dicías: "Venga va! Diego, la última. No seais acojonados oh.."
Quédanos pendente a última partida Miguel, metereiche muito de menos amigo. Xa nos veremos.

Comentarios
D.E.P MIGUEL
SIMPLEMENTE DARLLE O PESAME A FAMILIA E SERES QUERIDOS DE MIGUEL.
PAULA E ROCÍO.
Se me ocurren mil historias …
Se me ocurren mil momentos….
Se me ocurren mil imágenes…
Se me ocurren mil detalles…
Y sin embargo no se me ocurre nada para justificar la muerte de un joven. He de recurrir de nuevo al maestro Tagore para decir: “Como un mar, alrededor de la soleada isla de la vida, la muerte canta noche y día su canción sin fin.”
Descansa en paz amigo.
O meu pesame a toda sua familia.. e amigos de miguel D.E.P
Unha aperta enorme tamén para todos os que como Diego, coñecestes e compartichédes bos momentos con Miguel.
Miguel, que descanses en paz.
Espero que donde estes estes tan alegre coma sempre que estabas entre nos,sempre che recordarei compañeiro de partida.
Descansa en paz compañeiro.
Un bico, MIGUEL
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.