- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 18 Mai 2008 18 Mai 2008
Estaban os organizadores desta cea moi nerviosos e é que non era para menos. Poucas veces se organizara un evento semellante para financiar as festas máis grandes do Concello de Camariñas. Pero este ano todo é distinto porque a esta idea hai que sumarlle a iniciativa de camarinas.eu de donar todo o diñeiro recaudado en publicidade á comisión de festas. Por iso parece que este ano todos imos de cabeza para organizar as mellores Festas do Carmen posibles. Pulsa na foto para ver un video e unha ampla galería con máis de 100 fotos do evento. A cena baile comezou pasadas as 9 e media da noite e discorreu nun clima de festa e ledicia ata pasadas as 3 da mañán onde aínda se podían ver aos últimos mohicanos pegándolle o bailoteo postrero. O Grupo Latinos, composto por catro viejas glorias da música pachanguera, fixo que a xente non poidera parar de bailar. Os meneos cadenciosos que alí se viron hipnotizaron a un redactor que non volveu a ser o mesmo no que restaba de noite.
Decíamos que os membros da comisión andaban nerviosos, porque como ben sabemos en camarinas.eu, non é fácil organizar e ter todo ben disposto e amarrado nunha cea deste tipo. Sobre todo na de onte na que se achegaron ata o pavillón municipal unhas 250 persoas con gañas de tomar un bo piscolabis e pasalo ben. O menú, elaborado polo Restaurante Villa de Oro, estaba composto de merluza rebozada con ensalada e carne asada con guarnición. Despois viñeron o postre e os cafés. Ademáis no lateral do pavillón estaba o bar da comisión para todos aqueles que quixeran tomar os consabidos chiquitos e cubatas de rigor, practicamente obligatorios nunha cita deste tipo alo menos para o sector masculino da población.
Despois da comida sorteouse unha pintura ao óleo e unha foto do Faro de Camariñas donada por Diego Alonso Freire. Non hubo máis donacións. Unha vez sorteadas ámbalas donacións, prosegueu a festa ao son da veterena e xa de por sí autoxubilada orquesta Latinos. Bueno, desde Camarinas.eu sólo queda felicitar á comisión das festas do carmen por esta iniciativa. Norabóa.
Comentarios
QUE ALEGRÍA ME DOU VER A PARTE DA MIÑA FAMILIA,MIÑA TÍA SUSA,TÍO NEL,TÍA ROSA,TÍO LUIS,DEBOROCHA, LAUROBA,O ROSKI,DESI,CRIS ,JABA,GABI,ANIL LA,TONO,EN FIN, A TODOS.DA GUSTO VER A TANTA XENTE DO POBO XUNTA.
TERNEUZA(HOLANANDA)
Terneuza(Holanda)
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.