- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 08 Mai 2008 08 Mai 2008
Déixanos un mariñeiro dos vellos tempos

A lancha do seu fillo engalanada coa bandeira nacional recorda ao seu pai difunto
Na tarde de onte, cousas da idade, faleceu un vello mariñeiro en Camariñas: Manolo O Furriñeiro. Tal vez non fixera grandes xestas nin fora portada de periódicos e telediarios, pero era un home que levaba a alma de Camariñas dentro do seu desgastado corpo: era un mariñeiro de Camariñas. O Director de camarinas.eu aínda recorda as tardes de baraxa naquelas invernadas de finais dos noventa no desaparecido Bar Maytuca rexentado pola súa nai durante tantos anos. Alí o Furriñeiro era un fiel cliente, e xunto con Pedro de Corona, tamén lamentablemente falecido, xogábamos aquelas partidas de subastado e chinchón entre xuramentos, servesas e vasos de viño.
Pero antes destas partidas o Furriñeiro pescaba polas mañáns dentro da súa querida ría de Camariñas nunha pequena gameliña que él tiña, para pola tarde, despois da siesta, ir él e a súa muller sementar as patacas ou cortar o millo. Unha vez rematada a faena, como non, viña ao noso bar a tomar uns chiquitos e a falar historias mariñeiras que eran atendidas por todos os presentes. Hoxe pola mañán paseando polo paseo marítimo de madeira podíase ver a lancha do seu fillo, que leva con orgullo o nome do seu pai, engalanada coa nosa bandeira española a media asta e coroada cun crespón negro para recordar ao seu difunto pai. Descanse en paz este humilde mariñeiro camariñán.

Comentarios
O meu mais sentido pésame a familia. Que Dios o teña na Gloria por sempre.
D.E.P.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.