- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 18 Agosto 2007 18 Agosto 2007
Venres 24 e Sábado 25 de Agosto son as datas elexidas polos organizadores para celebrar o festival. Este verán rematará no Bar Curbeiro de forma espectacular coa organización de un festival musical sen precedentes en Camariñas que reunirá aos mellores grupos que pasaron pola tempada de concertos do Bar Curbeiro. Grupos coma Días de Furia consolidados xa no panorama musical estatal daranse cita no Curbeiro o próximo fin de semana. Nesta ocasión os concertos desenvolveranse na Praza do Curbeiro para que todo Camariñas poida desfrutar deles.
Grupos de A Coruña, Ponte do Porto e Cangas daranse cita neste gran festival. Desde a organización do concerto espérase a chegada de gran cantidade de xente desde diferentes zonas da xeografía galega e incluso de outros sitios de España.
Habilitarase unha zona de acampada na Praia de Lingunde e tanto o Venres coma o Sábado despois dos concertos a festa continuará na praia de Lingunde amenizada por diferentes actuacións e Dj´s.
Desde esta web iremosvos informando de todos os detalles do evento.
Ao remate do festival incluirase un reportaxe especial con galerías fotográficas de todo o Festival.
Grupos:
- Maisha - A Coruña (web de Maisha).
- Materia - Ponte do Porto.
- Zombie Riot - Cambre (web de zombie riot).
- Día de Furia - Cangas (web de Día de Furia).
- Materia - Ponte do Porto.
- Zombie Riot - Cambre (web de zombie riot).
- Día de Furia - Cangas (web de Día de Furia).
Cartel do Festival do Curbeiro 2007

Comentarios
Os esperamos!!!!!! !!!
llegas y plantas la tienda donde quieras?
O sábado na praza do Curbeiro están confirmados na Soundsystem dous Italianos en Reagge e o Dj Rodri González en "Experimental"
Encantado de tocar el sabado en vuestro fieston. Para ver algo de nuestro rollo positivo invitamos a buscar por "goodchilla" en youtube.com
Hasta pronto!
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.