- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 15 Abril 2008 15 Abril 2008
Os ladróns asaltan o centro "Ramón Noguera Oreiro"

Fachada do edificio Ramón Noguera onde se produciron os feitos
Na madrugada deste luns ao martes prodúxese un roubo con forza no local que o Instituto Social da Mariña ten na rúa do Río do Prado en Camariñas. O local, que sirve aos mariñeiros camariñáns para realizar cursos de aprendizaxe e perfeccionamento (curso de patrón, mecánico, etc..) foi asaltado polos ladróns esta madrugada tras entrar por unha ventana que eles mesmos forzaron, levándose un botín de dous soldadores e un cargador de batería.
Ferramentas que os nosos mariñeiros utilizaban nas súas prácticas e que esperamos que sexan recuperadas ou substituidas canto antes para así continuar cos cursos. Por outra parte tamén agardamos que as forzas do orden den pronto cos responsables deste roubo. Hai que recordar que os terrenos onde se atopa este edificio así como a nosa clínica e o Centro de Iniciativas Empresariais foron donados pola familia Noguera para o beneficio de todo o pobo de Camariñas.
Comentarios
Aqui como hubo Forza nunha ventana xa pasa a ser ROUBO.
Polo demais desir que a ver si as autoridades dan con estos elementos e outros tantos, xa que hasta fai pouco a nosa vila era moi tranquila e asi queremos que sija.
E creo que nos como cidadans e pais de famila debemos denunciar calquer acto delectivo que ocurra no noso Concello.
Saludos a todos.
si se moveran un pouco mais e non andaran tanto de bares non pasarian cousas como estas ou outras que xa pasaron como os incendios do contenedores
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.