1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

A praia de Lingunde é unha das máis concorridas durante a época estival, sobre todo pola xente nova que se despraza ao areal para desfrutar das tardes a tomar o sol e nadar. Porén, até o de agora non posuía un modo de chegar a pe adecuado pola súa estrada. Os peóns debían camiñar compartindo asfalto cos vehículos e apartarse deles accedendo as marxes que carecían do tratamento necesario.

Por iso, e con motivo de solucionar esta problemática, o Concello de Camariñas levará a cabo a construción de unha senda peonil que conectará a estrada xeral co areal de Lingunde. O proxecto terá un presuposto total de 71.662,79 euros e estará financiado polo Plan Único 2022 da Deputación da Coruña.

Ademais de esa senda peonil as obras tamén inclúen a pavimentación do tramo da calzada destinada á circulación de vehículos, a instalación da canalización para a recollida e evacuación das augas pluviais e o pintado de tres pasos de peóns.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.