1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

O castelo do Soberano de Camariñas situábase dende o alto dun monte coa ría aos seus pes. Alí foi o que gobernou o mar que se estendía ante el durante séculos. Porén, a vila requiriu dos seus servizos de un novo xeito e as súas pedras pasaron a conformar o primeiro peirao de Camariñas, un lugar de amarre para as embarcacións de pesca que simbolizaban a prosperidade na comarca.

A día de hoxe ese peirao segue en activo resgardando as embarcacións (agora máis modernas e algunhas de maior tamaño... pero que desempeñan o mesmo traballo) mais iso non quita a necesidade de recordar o que foron esas pedras e o que simbolizaron no seu momento.

Deste xeito, a pasada fin de semana instaláronse no paseo de Camariñas dous dos canón que gardaba o castelo do Soberano. As dúas pezas foron totalmente restauradas e tratadas para que poidan expoñerse ao aire libre nun lugar remodelado especialmente para este propósito.

O proceso de restauración, avalada pola Dirección Xeral de Patrimonio, consistiu nun traballo de documentación do estado orixinal das pezas, a limpeza dos canóns para eliminar a corrosión e a sucidade, a aplicación de un tratamento para eliminar o sal que portaban tras anos fronte ao mar e, por último, un tratamento que os protexa do deterioro e poder ser expostos a intemperie sen perigo de que se estraguen.

No almacén municipal agardan as outras pezas a seren restauradas, mais polo de agora non poderá ser posto que o goberno local foi quen se fixo cargo economicamente de todo o proceso e a día de hoxe carece de fondos para continualo con eles. Porén, este é un inicio, un elemento positivo na reconstrución da historia do castelo do Soberano que, até o de agora, semellaba esquecida polas institucións.

 

CanonSoberanoPaseo_1.jpeg

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.