- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 16 Novembro 2020 16 Novembro 2020
O Concello de Camariñas está a preparar un novo proxecto para executar a 2ª fase do paseo marítimo de Area da Vila, que se enfocará en protexer ás vivendas alí localizadas da erosión provocada polos factores climáticos e o paso do tempo. A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, acompañada dos concelleiros Sergio Caamaño e Encarna Liñeiro, reuniuse hoxe de xeito telemático co subdirector xeral para a Protección de la Costa, dependente do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico, Ángel Muñoz Cubillo, para dar luz verde á redacción do proxecto.
O obxectivo desta reunión era sentar as bases dun acordo de colaboración para levar a cabo a segunda fase do Paseo de Area da Vila, correspondente á parte da Punta da Carnicería. Xa existía un proxecto anterior, do ano 2010, pero que agora mesmo é inviable porque este ía por dominio público e agora non se están facendo este tipo de intervencións.
Estes traballos completaranse coa primeira fase do proxecto, que vai desde a Punta da Carnicería ata a rúa Vulcano e que se acometerá por parte do Concello de Camariñas con fondos do Plan Único da Deputación da Coruña.
O Concello está a preparar un novo proxecto para executar a 2ª fase do paseo de Area da Vila. A actuación estará enfocada en protexer ás vivendas alí localizadas da erosión provocada polos factores climáticos. Sandra Insua reuniuse hoxe co subdirector xeral para a Protección da Costa para dar luz verde á redacción do proxecto. Da primeira fase, que vai desde a Punta da Carnicería ata a rúa Vulcano, encargarase o Concello.
Sandra Insua explicou que “o subdirector xa se puxo en contacto coa Demarcación de Costas da Coruña para coordinar este novo proxecto, polo que o primeiro paso xa está dado” e destacou que “os edificios alí situados sofren moito deterioro e corren perigo polo que a actuación é necesaria”.
A rexedora tamén agradeceu a boa predisposición amosada polo organismo estatal xa que “a directora xeral de Costas, Ana María Oñoro, comprometeuse a recibirnos en Madrid cando a situación sanitaria mellore e unha vez teñamos o proxecto corrixido”.

