- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 18 Marzo 2008 18 Marzo 2008
Despois de varios meses sen saberse se alguén daría o paso para facerse cargo da organización das festas da Vila de Camariñas, xa chegou a boa nova e podemos ver pateando as calles do noso pobo para pedir para as festas aos novos voluntarios que se animaron para coller as riendas deste duro e pouco valorado traballo. Entre eles podemos atopar a varios Primeiros Espadas do Camariñeo: JM Canosa Campaña máis coñecido polo seu 2º apelido "Campaña", JM Barcia Tedín (Jose "O Argentino"), Luis Rodríguez Luaces (Luís de Quecha), Juan, Rosa Mouzo "Rosita", JM Tedín "O Neno", etc..
Como podedes ver as festas en Honor a Virxen do Monte deste ano 2008 estarán magnificamente amenizadas polas grandes orquestras que se contrataron para este ano. Así, para o domingo, poderemos bailar ao son da Orquestra de Corcubión "Nova Palma" mentras lle tomamos un vermouth. E pola noite gozaremos outra vez coa mesma orquestra de Corcubión e ademáis coa actuación estelar do Grupo Oca.
Para o lunes, despois de vir do monte, tocaralle o turno da orquestra "Alarma" a cal tamén estará á noite co que será un día completo para desfrutar da gran orquestra que nos trouxo esta nova comisión.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.