3.6666666666667 1 1 1 1 1 Rating 3.67 (3 Votes)

Temos que dar conta doutra tráxica noticia para o pobo de Camariñas. E aínda que aquí nesta web deixamos hai tempo de publicar esquelas, temos que anunciar esta necrolóxica por petición expresa da familia do defunto. Trátase do falecemento de Don Manuel Mas Farto, máis coñecido como "Manolo do Catalán", que falecía na tarde deste mércores 5 de febreiro na súa casa da Carretera do Faro. Deixaba este mundo o querido veciño de Camariñas despois de tantos anos convalecente por mor dunha enfermidade. Vaise deste triste xeito un dos últimos representantes do noble oficio de carpinteiro de ribeira que dou a vila das Palilleiras e unha das persoas máis representativas deste traballo na Costa da Morte. Traballo do cal foron herdeiros os seus fillos  e dende Camarinas.eu queremos rendirlle a homenaxe que se merece o Señor Manolo do Catalán. O corpo sen vida de Don Manuel está sendo velado no Tanatorio Municipal de Camariñas Irmáns Fernández Espín, dende onde sairá cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo de Camariñas ás 16:15 da tarde deste venres 7 de febreiro. Alí, no sagrado templo camariñán será celebrado o funeral de corpo presente pola alma deste querido veciño da Carretera do Faro para, acto seguido procederse ao seu sepelio no Cemiterio Veciñal de Camariñas. Dende esta web queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Manuel especialmente a súa dona María Elena, seus fillos e demáis familia. Descanse en Paz.

Engadir un comentario