- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 16 Marzo 2008 16 Marzo 2008
Imaxe do lamentable estado no que quedou o espacio anteriormente ocupado polo contenedor
Un pirómano anda suelto pola vila
Realmente xa non sabemos cantas veces van... ¿cinco? ¿seis? tampouco sabemos cando será a seguinte vez, porque haberá seguinte vez, eso que ninguén o dubide. O caso é que o/s pirómano/s que anda solto pola vila vai volver a facer outra jauchada, e tendo en conta que sinte especial predilección polo par de contenedores que están en frente do Bar José Manuel, pois outra vez seguramente irá todo polo aire. En definitiva, tal e como podedes apreciar nas imaxes na madrugada deste sábado os vándalos volveron queimar os contenedores que están enfrente do José Manuel, deixando unha imaxe en verdade lamentable. O certo é que publicar outra vez unha noticia deste tipo da bastante pereza: aburre xa. A ver si o noso rebelde sin causa se aburre tamén de facer o vándalo.


Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.