5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (1 Vote)

Vaise outro dos míticos clientes habituais do lexendario Café Bar Arnela que hai uns anos rexentaba a nosa querida Gelinita. Na noite deste venres 21 de xuño esta redacción recibía a triste noticia da defunción do noso querido amigo Don Juan Manuel Martínez Lema aos seus tempranos 66 anos de idade despois de que unha grave enfermidade, verdadeira lacra dos nosos tempos, acabase finalmente coa súa vida. Vaise deste xeito tan repentino ese amigo que sempre tiña unha sorrisa na faciana cando calquera se cruzaba no seu camiño. O corpo sen vida de Juan da Esquipa, tal e como era máis coñecido en toda Camariñas, está sendo velado no Tanatorio Municipal de Camariñas, dende onde sairá cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo ás 16:15 da tarde deste domingo 23 de xuño. Xa no sagrado templo camariñán será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Don Juan Manuel para, acto seguido, ser realizado o seu sepelio. Dende esta redacción queremos dar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Juna Manuel Martínez Lema nestes duros momentos que están a pasar, especialmente aos seus fillos Rafael e Francisco así como a súa compañeira Carmen. Descanse en Paz.

Engadir un comentario