5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (2 Votes)

Despois de tantos anos de sacrificio en Suiza, esperando para vir definitivamente á súa terra e poder desfrutar da súa xubilación, chega a recta final dese momento tan agardado e a traxedia cébase co noso querido amigo Tono da Riala. O veciño de Camariñas Don Antonio Mas Rego de 63 anos de idade, falecía este domingo 16 de xuño de 2019 no Hospital du Jura en Delemont despois dunha longa loita contra unha enfermidade que, finalmente e contra todo pronóstico médico, se levou por diante a vida deste camariñán exemplar. Un home do cal sempre nos quedará randes lembranzas como a súa amabilidade e tranquilidade, sempre afable e falador, Camariñán con maiúsculas onde os haxa, pero sobretodo un pai e marido exemplar e amigo dos seus amigos. Como olvidar aquelas festas no Café Bar Arnela de Gelinita...

O corpo sen vida do noso querido amigo chegará por fin a súa vila natal no mediodía deste venres 21 de xuño onde será velado no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas. O funeral de corpo presente pola alma de Tono da Riala celebrarase na Igrexa Parroquial de San Xurxo de Camariñas ás 16:00 horas para, acto seguido ser realizado o seu sepelio no Cemiterio Municipal de Camariñas onde os restos do noso querido amigo terán merecido descanso eterno. Dende esta redacción queremos dar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Antonio Más Rego, especialmente á súa dona Silvia e a súa filla Nuria nestes duros momentos que están a pasar. Amigo Tono, Descanse en Paz.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.