- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 16 Marzo 2008 16 Marzo 2008
Desembarco de urxencia no muelle de Camariñas

E de agradecer a rapidez e profesionalidade ca que actúan os membros de Salvamento Marítimo
Hoxe sobre as 12 da mañán os camariñáns que estaban a pasear polo muelle vello poideron observar como o buque de Salvamento Marítimo "Altair", con base no porto de Camariñas, desembarcaba a un mariñeiro do arrastrero "Novo Saudade" o cal se dirixía ao porto de Vigo cando tráxicamente un dos seus mariñeiros se lesionaba de certa gravidade na mandíbula.
Postos en contacto con José, o patrón de Altair, este aclarounos que recibida a chamada do Novo Saudade, dirixíronse inmediatamente ao seu encontro, tendo lugar o trasvase do mariñeiro ferido ao buque de Salvamento Marítimo nas aforas do Vilán, para despois dirixirse a marchas forzadas cara ao noso porto onde xa o estaba esperando unha ambulancia do 061 para levalo urxentemente ao complexo hospitalario "Juan Canalejo" na Coruña. En fin, o mar sempre impredecible e cheo de perigos, cóbrase outra nova víctima, se ben en este caso esperemos que todo acabe nunha lesión de certa gravidade que non pase a maiores. Pulsa na foto principal para ver outra imaxe deste lamentable suceso.

Imaxe do momento no que o Altair desembarcaba ao mariñeiro ferido
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.