- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 09 Marzo 2019 09 Marzo 2019
A alcaldesa Sandra Ínsua, lamenta a deixadez de Portos de Galicia repecto ao porto de Camariñas e concretamente na pasarela de madeira para os vehículos e os paneis laterais de cristal da pasarela peonil da Dársena que están en mal estado. O Concello cumpriu o acordo chegado con Portos para arranxar a pasarela de madeira, pero PORTOS o incumpriu ao non amañar os paneis de cristal. A entidade portuaria comprometeuse a facer un informe propio no que contemple posibles alternativas xa que actualmente só existe un informe municipal no que se conclúe que o problema é derivado dunha deficiencia estrutural. A alcaldesa manifesta a súa indignacion ante a situación da ponte da dársena que segue pechada pese o compromiso de Portos de arreglala.
O Concello critica a falta de compromiso de Portos de Galicia ao incumprir o acordo de novembro sobre as melloras do Porto. A entidade portuaria comprometeuse a facer un informe propio no que contemple posibles alternativas xa que actualmente só existe un informe municipal no que se conclúe que o problema é derivado dunha deficiencia estrutural.
O acordo tivo lugar o 21 de novembro, na sede de Portos en Santiago de Compostela, onde se aclarou desta forma a polémica que xurdiu cando Portos de Galicia declarou que existía un proxecto para a Fábrica de Xeo ao que o Concello de Camariñas non daba autorización, o que foi totalmente falso. Ademais, confirmouse que a entidade portuaria ten previsto un proxecto de renovación da maquinaria na fábrica. No encontro, ao que asistiron por parte do goberno local a alcaldesa, Sandra Insua, e o segundo tenente de alcalde, Juan Carlos Canosa, tratáronse unha serie de temas de interese para o municipio e vellas demandas.
Máis sobre a polémica actuación de Portos de Galicia en Camariñas
- Editorial de Camarinas.eu sobre a actitude de Portos de Galicia con Camariñas
- Portos de Galicia recoñece que non presentou no Concello de Camariñas ningún proxecto para a fábrica de xeo
- Os socialistas de Camariñas cansados dos desprecios de Portos de Galicia
Portos de Galicia limitase a bloquar o acceso a ponte en vez de arranxar os cristais

