- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 08 Febreiro 2019 08 Febreiro 2019
O próximo 24 de febreiro celebrarán unha GRAN LACONADA no polideportivo O Areal, elaborada con produtos da zona e por profesionais moi recoñecidos na hostalería local de Camariñas. O servicio correrá a cargo dos membros da Asociación. Preténdese representar aqueles xantares tradicionais onde se reunían familiares e amigos para comer a fartar, falar e bailar na sobremesa.
A Asociación Cívica, Cultural, Deportiva e Recreativa “Virxe do Carme de Camariñas” é unha entidades sen ánimo de lucro que desenvolve distintas actividades ao longo do ano, aínda que a súa función principal é a organización das festas patronais do Carme de Camariñas.
Esta laconada vai a ter unha novedade importante xa que, a maiores do lacón, o chourizo, os grelos e as patacas, os cociñeiros van a recuperar un ingrediente abandonado dende fai moito tempo nas nosas cociñas: O BOLO DO POTE. Este acompañante dos cocidos dos nosos avós, componse de fariña amasada e cocida na con auga na mesma pota do cocido. Para moitos dos asistentes vai a ser toda unha novidade que solo coñecen polas referencias orais dos seus avós.
Xunto coa laconada, e previa a mesma, celebrarase unha andaina circular polo entorno de Camariñas, de 10 Km, que inclúe Reira, cabo Vilán, Virxe do Monte, O Lago, etc. A saída será dende o polideportivo O Areal as 10.30 do domingo 24 de febreiro. Ao remate da mesma, os asistentes, recuperarán forzas con xenerosas racións de lacón, grelos e bolo do pote. Igualmente farase a presentación da páxina web da Asociación.