1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Este intempestivo venres 9 de novembro de 2019 deixaba este mundo a querida veciña de Camariñas Dona Carmen Alborés Gude aos seus 93 anos de idade en Santiago de Compostela, onde residía ultimamente xunto a súa familia. O corpo sen vida desta gran muller, camariñana de toda a vida, está sendo velado no Tanatorio Municipal de Camariñas Irmáns Fernández Espín, dende onde sairá cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo cara as 15:30 deste sábado 10 de novembro. Alí no sagrado templo camariñán será celebrado o funeral de corpo presente por Dona Carmen para, acto seguido, ser realizado o seu sepelio no Cemiterio Veciñal de Camariñas onde os seus restos mortais terán merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Dona Carmen Alborés Gude especialmente ao seu fillo Miguel e a súa Dona Beatriz así como a súa neta María. Descanse en Paz.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.