1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Nesta pasada fin de semana unha delegación da vila francesa de La Turballe encabezadas polo seu alcalde Jean- Pierre Branchereau visitaban Camariñas para formalizar o acto de irmamento entre estas dúas vilas. Durante a súa estancia, o grupo de visitantes galos examinaron alguns dos lugares máis representativos do Concello de Camariñas. Dende o venres 25 ata o luns 28 de maio toda a comitiva de representantes do país veciño tiveron a ocasión de comprobar todas as bondades da nosa terra. Dende a espectacular paisaxe ata a deliciosa comida que tiveron ocasión de degustar así como comprobar a efeiciencia das nosas industrias máis importantes e descubrir as festas e tradicións máis arraigadas do noso concello. E Camarinas.eu non podía faltar nesta nova data histórica que representa este irmamento entre os Concello de Camariñas e La Turballe, eso sí ca ausencia dos mismos de sempre.

Porque outra vez máis houbo que lamentar a ausencia dos membros do PP de Camariñas pero desta volta cunha gravidade maior se cabe, xa que se trataba nin máis nin menos que dun acto oficial de irmamento entre os concellos de Camariñas e o de La Turballe celebrado no salón de plenos do consistorio camariñán e ao que estaban invitados formal e oficialmente toda a oposición. Lamentablemente os representantes desta patética patrulla opositora abandonaron as súas funcións representativas e deron outro bochornoso espectáculo desta vez nos mesmos fuciños dos comisionados franceses. Unha verdadeira vergonza e unha imaxe lamentable despois de que algúns dos representantes franceses preguntaran polo resto da corporación sen que ninguén dos asistentes lles soubera moi ben que responder.

Acto de irmamento onde os alcaldes de Camariñas e La Tuballe firman o documento oficial

Deixando a parte a esta lamentable actuación, os delegados da representación de La turballe tiveron, como dicíamos anterioremente, tiveron que facer frente a un verdadeiro maratón de actividades organizadas polo Concello de Camariñas. Dende o venres no que visitaron empresas como Stolt Sea Farm, Cerdeimar, e a comercializadora de auténtico pulpo de Galicia Gallego Pereira, rexentada polo noso querido amigo Javier Gallego que recibíu persoalmente aos delegados franceses nas impresionantes instalacións da empresa. Éstes quedaron maravillados polo gran nivel de sofistificación que acadou esta empresa e pola calidade do producto final. Ao final da visita o mesmo Javier Gallego agasallou aos visitantes franceses con un par de caixas de productos salidos directamente dos cámaras frigoríficas desta exemplar empresa da Ponte do Porto.

Unha das visitas que máis recordarán os representantes do concello francés foi a que realizaron ao Museo do Encaixe onde os esperaban as nenas da Escola de Palillo que amosaron aos visitantes a arte milenaria do Encaixe de Camariñas. Estes quedaron absolutamente maravillados coa forma de traballar das nosas nenas e interesáronse moito polas medidas adoptadas dende o concello de Camariñas que levaron á conservación do noso encaixe que estaba caseque sentenciado á desaparición se non fora por estas medidas. Algunhas delas da importancia da Mostra do Encaixe que se comprometeron a visitar na súa próxima edición na semana santa do ano 2019.

A Escola de Palillo de Camariñas no Museo do Encaixe

Na mañán do sábado houbo tempo para a gastronomía e a troula máis divertida coa actividade "Os sabores da nosa lingua: intercambio gastrocultural" que se celebrou na Praza do Mercado de Camariñas e onde os nosos ilustres huéspedes tiveron ocasión de degustar variedade de dulces e postres elaborados por varias das experimentadas panaderías do noso concello. Tamén houbo momentos de festa e cantareiras coas integrantes da asociación "O Cansorriño" que fixeron bailar e desfrutar do desparpaxo camariñán aos representantes do noso concello irmán.

Despois os integrantes da corporación irmanada tiveron a oportunidade de coñecer varios dos lugares máis importantes turísticamente falando como o Faro Vilán e toda a zona da Rede Natura que inclúe as praias de Reira e a zona de Trece onde quedaron totalmente maravillados pola beleza salvaxe da nosa costa. E así foron costeando para chegar ata Camelle acompañados en todo momento polo concelleiro Juan Carlos Canosa onde puderon contemplar o xardín museo do Manfred e comprobaron no Museo do Alemán todo o inmenso traballo que se leva realizando dende o Concello de Camariñas para a conservación do patrimonio artísitico deste camellán inmortal.

O domingo, xa máis relaxados os integrantes da expedición francesa tiveron ocasión de asistir a varias actividades deportivas e culturais onde puderon coñecer a varios dos valores en alza do deporte e da cultura camariñana. E así remataba a visita que rubricaba o irmamento histórico entre a vila de Camariñas e La Turbale. Un fito histórico que seguro que traerá grandes beneficios a ámbalas dúas localidades.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.