- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 09 Mai 2018 09 Mai 2018
A Asociación Cívica, Cultural, Deportiva e Recreativa “Virxe do Carme de Camariñas” acordou nomear á atleta camariñana Paula Esteiro Ramos, Camariñana de Honra 2018. Este recoñecemento, que se fai por primeira vez, pretende, con carácter anual e coincidindo coa festividade do Carme de Camariñas, recoñecer á persoa, entidade ou institución que represente mellor os valores camariñáns.
A Asociación Cívica, Cultural, Deportiva e Recreativa “Virxe do Carme de Camariñas” nomea Camariñana de Honra 2018 a Paula Esteiro Ramos
Neste caso a Asociación tivo en conta a traxectoria dunha muller deportista, nunha disciplina minoritaria, que acadou niveis de excelencia e mesmo chegou a ostentar a representación nacional en mais dunha competición. A Asociación Cívica, Cultural, Deportiva e Recreativa “Virxe do Carme de Camariñas” da cobertura legal as distintas comisións que organizan as festas patronais do Carme dende 2003. A entrega formal do recoñecemento farase en datas próximas nun acto vinculado á celebración das festas patronais de Camariñas.