- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 25 Febreiro 2008 25 Febreiro 2008
Relato dunha humilde festa familiar este venres no Bar Arnela

Na noite deste venres pasado camarinas.eu estaba invitada a unha cea celebrada en Pasarela para reunir a todos os xornalistas da Costa da Morte (e máis alá), pero esta redacción non é amiga de intrigas onde se fixan cuotas de poder, áreas de influencia, todo elo a espaldas do pobo humilde. Por eso preferimos estar ca familia do Bar Arnela, ca xente traballadora de Camariñas nesta festa sinxela, onde os albañiles chegaban aínda co cemento fresco nas botas e olor a sudor nas camisetas descoloridas, e que ao son do acordeón virtuoso de Adriana, a nosa beauty máis musical, cantaron para olvidar as súas penas. Pulsa na foto para ler a noticia completa e ver uns vídeos de Adriana co acordeón.
Relato dunha humilde festa familiar este venres no Bar Arnela

En verdade fomos invitados a esa cena moi amablemente polo corresponsal de El Correo Gallego na Costa da Morte, pero postos a elixir entre unha cea con periodistas (onde tan ben íamos ser recibidos por algúns), e escoitar a Adriana tocando o acordeón no Café Bar Arnela, o templo de camarinas.eu, como vedes non cabía a duda. Alí, no Arnela, poidemos comprobar como Adri é unha virtuosa do acordeón, como xa dou mostra algunha que outra vez na mesmísima TVG, e entonou uns cantos pasodoblesque foron coreados patrióticamente pola parroquia do Arnela, rematando cunha versión do "Que viva España" do eterno e infinito Manolo Escobar que fixo que aos redactores lles viñesen as bagoas aos ollos as cales estouraron cando Adri tocou o noso "Ao pasar por Camariñas". E así, a coro co Que viva España", nós decimos: ¡¡QUE VIVA ADRIANA!!

Por outro lado aproveitando esta pequena festiña, cáseque familiar (porque ese grupo humano único, distinto, como ben dixo Juanillo na entrevista do Top Camariñas, que é a parroquia do Arnela, constitúe unha familia), esta redacción quixo facer un acto de xusticia con dúas das persoas que máis fixeron por camarinas.eu dende o primer momento dunha forma calada, reservada, altruista, tal e como son eles, sen pedir nunca nada a cambio. Estamos falando de Gelinita e Juan do Penedo, os pais adoptivos de camarinas.eu, aos cales lles regalamos a montaxe realizada para o Top Camariñas do seu fillo Juanillo, regalo no que tamén colaborou desinteresadamente Albito Diéguez Junior cando se enterou para quen ía ser o cuadro por el enmarcado. Outro cuadro a sumar aos máis dez mil que fixo estes últimos anos. Ver a cara de emoción, felicidade e orgullo de Gelinita ao ver ao seu fillo e aos seus netos constitúe para camarinas.eu a mellor recompensa. Así pois ¡¡Como íamos a estar este venres en Pasarela cos nosos colegas periodistas e onde tan ben nos queren!!
Posiblemente, no Bar Arnela non esaxeramos ao dicir que cada un dos seus moitos clientes é un seguidor fanático de camarinas.eu. Así, falando sobre o novo récord de camarinas.eu cunha das persoas claves do mesmo, Juan Camariñán, este comentábanos entre bromas que das 1.234 entradas, eran reais "só 234, porque aquí no ordenador do Arnela xa vos leen cada día cerca de 1.000 persoas." Ao que nos entre carcaxadas contestámoslle que en todo caso será ao revés, xa que nese caso o noso récord tería que ser de 2.000 e pico de entradas, porque cada entrada constitúe un IP e esas 1.000 persoas que nos leen no Arnela só utilizan un IP (o do ordenador de Gelinita) e polo tanto constitúen unha sóa entrada.
Finalmente só nos queda indicar que dos fieles do Bar Arnela sairá a solución económica para camarinas.eu, xente humilde e traballadora que por puro patriotismo camariñán fará un esforzo económico para que a web emblemática do concello non desapareza, esforzo económico ao que se sumarán as aportacións individuais que queiran facer os usuarios nunha conta que se abrirá ao efecto pola Asociación de amigos e usuarios de camarinas.eu. Visto o que sucedeu estos días, camarinas.eu poido comprobar quen estivo realmente ao seu carón, e polo tanto a partires de agora só se deberá ao pobo de Camariñas.




Comentarios
Bueno outra ves será.
unha aperta
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.