Na madrugada deste xoves 14 de decembro de 2017 falecía na súa casa do barrio do Castillo Dona Josefa Mayor Arén aos seus 96 anos de idade. O corpo sen vida de Dona Josefa, unha das persoas máis lonxevas da vila das palilleiras, está sendo velado no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas. Será ás 15:30 da tarde deste venres 15 de decembro cando sairán os seus restos mortais dende o velatorio camariñán cara a Igrexa de San Xurxo para ser celebrado o funeral de corpo presente da querida veciña do Castillo. Acto seguido procederase a consecución do sepelio de Dona Josefa no Cemiterio Parroquial de San Xurxo de Camariñas onde os seus restos terán merecido descanso eterno. Vaia dende aquí as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Dona Josefa Mayor Arén. Descanse en Paz.