1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Durante o mes de xuño ponse en marcha a 5ª edición de "COME O MAR", a campaña de promoción turístico e gastronómica da costa galega organizada por Mar Galaica e financiada polos Grupos de Acción Costeira na que Camariñas participa cunha ampla oferta.   

En Camariñas van a participar o Concello de Camariñas, tres establecementos hostaleiros (Bar Curbeiro, Hostal O Parranda, Restaurante - Marisquería O Meu Lar), unha empresa de servizos turísticos (Vive a Costa da Morte) e dúas asociacións (Asociación de Empresarios de Promoción Turística de Camariñas e a Rendas, Asociación Profesional Palilleiras de Camariñas).   

As empresas van desenvolver actividades gastronómicas, turísticas e de lecer onde o protagonista é o mar e a súa cultura: menús e tapas mariñeiras e turismo mariñeiro (visitas ao Faro Vilán, rutas guiadas por unha mariscadora, ruta dos naufraxios e bautismo de encaixe)   

Pola súa parte, o Concello de Camariñas vai desenvolver dúas rutas guiadas cofinanciadas pola Deputación de A Coruña (Camariñas á Beira do Mar e Camariñas, Historias Mariñeiras), dúas rutas de sendeirismo pola rutas Costa da Morte e Ruta do litoral, unha Ruta dos Naufraxios ao través da Realidade Aumentada no móbil e visitas guiadas polos Museo de Encaixe e Museo de Man de Camelle.   

Os clientes de COME O MAR disfrutarán das ofertas e actividades e poderán participar no sorteo de Premios Mariñeiros. Os establecementos e actividades serán promocionadas gratuitamente ao longo do mes de xuño, e durante o resto do ano, sobre todo ao través das redes sociais e das novas tecnoloxías de difusión.   

A información completa do programa COME O MAR está na web COME O MAR. Para ver a oferta detallada de Camariñas hai que picar no “Buscador Mariñeiro” que aparece á dereita da web, despois escoller o GAC III – Costa da Morte e seleccionar Camariñas.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.