1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Día triste para Camariñas. Un dos seus referentes emblemáticos, Carlos Carril López, falecía dun infarto aos seus 50 anos en Grecia mentras se atopaba faenando nas augas do país meditarreneo. Estamos a falar dunha persoa querida e respetada na Vila das Palilleiras, membro lexendario da súa Danza de Arcos, tradición ésta familiar que legou aos seus fillos Carlos e Jose. Inxusto final o de morrer tan lonxe da súa terra un camariñán que amaba tan profunda e apasionadamente ao seu pobo. Dende o Concello están tratando de axilizar na medida do posible os trámites para a repatriación do seu corpo, estando nestes momentos polo tanto pendentes de determinar a data do enterro do que pasará á historia como un dos máis lexendarios arqueiros camariñáns. Vaia dende Camarinas.eu o noso máis profundo pésame e apoio á súa familia, en especial a súa dona María Ageitos Lista e aos seus dous fillos. Todo Camariñas debe volcarse nos actos fúnebres de Carlos Carril López como derradeiro homenaxe ao que foi un camariñán ata os tuétanos. A Danza de Arcos xa non voltará ser a mesma. Amigo Carlos, Descansa En Paz e que Deus che teña na súa Santa Gloria.

 

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.