- Escrito por Diego Otero Pardeiro Diego Otero Pardeiro
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 27 Marzo 2015 27 Marzo 2015
Dende a clase de 6º de Primaria queremos agradecervos a todos os camariñáns que votástedes a Ainhoa no Facebook. A semana pasada cada alumno/a da nosa clase elaborou un pequeno conto a partir dunha noticia de La Voz de Galicia. Entre todos eles eliximos seis relatos e presentámolos a un concurso de Microrelatos de La Voz de Galicia.
Dende entonces e ata a mañá de hoxe os relatos de nenos de toda Galicia estiveron colgados na páxina de Prensa Escuela en facebook, para que puidesen ser leídos e votados.
De 178 relatos presentados en toda a Comunidade Galega, por alumnos de 5-6º de primaria, 1º,2º,3º,4º de ESO e 1º-2º de Bachillerato, o relato máis votado foi o da nosa Compañeira Ainhoa Rego Pasantes. Con 229 votos.
Según as bases deste concurso, serán agora os especialistas do Xornal o que elixan o gañador definitivo do concurso entre os tres relatos máis votados. Esperemos que consideren que o da nosa compañeira ten a calidade suficiente.
Por iso, Ainhoa, e en xeral toda a nosa clase queremos agradecervos ao pobo de Camariñas o voso apoio. Gracias!!
https://premium.easypromosapp.com/entries/30834/sort:votes/direction:desc