1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Este venres no Colexio de Camariñas tivemos un montón de celebracións relacionadas có Día da Paz no no CEIP O AREAL. Neste ano no que estamos a ver numerosas guerras no Mundo como as de Siria ou Ucrania, quixemos facer moitas actividades como forma de pedir que deixe de haber guerras. A Actividade principal deste dia foi a decoración dun tarro e a plantación dunha planta nel por cada grupo de infantil e de primaria.  Na imaxe da esquerda poden ver a planta de 6º, nela aparecen unhas semillas que forman a palabra amor, e delas saen un montón de flores representando que do amor poden saír cousas moi bonitas. E na foto da dereita podemos ver aos alumnos de 1º realizando a plantación no seu tarro. 

Outras actividades  destacadas foron a elaboración polos alumnos de 5º e 6º de Árbores da Paz, árbores con un montón de follas con mensaxes e palabras bonitas (Imaxe da esquerda). Ou a realización de murais con símbolos da Paz, feitos polos alumnos de 1º de Primaria. (Imaxe do centro e da dereita)

       

Comentar tamén que os alumnos de 6º de primaria fixemos un enterramento dunha botella con mesaxes de Paz. Que esperemos se cumpran nos próximos anos. Esta botella está enterrada nunha zona secreta do colexio e non se poderá abrir ata dentro de catro anos. (Non poñemos fotos pois poderíannos descubrir).

Todavía tiñamos previstas máis actividades pero tivémolas que pospoñer polo mal tempo, como son cantar unha canción de Paz frente ao colexio e realizar unha Carreira Solidaria, a favor da asociación Save de Children.

 Periodista: Ana Blanco Reborido.

 

 

 

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.